coroa

coroa

lat corōna

Plural: coroas
  1. s f

    Ornamento en forma de círculo que se axusta á cabeza como sinal de autoridade ou como recompensa dunha vitoria, militar ou cívica.

    1. s

      Círculo de metal adornado de diferentes elementos que se cingue á cabeza como símbolo de dignidade soberana ou nobiliaria.

    2. coroa castrense

      Coroa romana que se entregaba a quen entraba no campo inimigo.

    3. coroa cívica/civil

      Coroa de pólas de aciñeira coa que se recompensaba o cidadán romano que salvaba a vida doutro na guerra.

    4. coroa de espiñas

      Coroa que, por escarnio, os soldados romanos cinguiron a Xesús como rei dos xudeus.

    5. coroa olímpica

      Coroa que se concedía aos vencedores dos xogos olímpicos.

    6. coroa triunfal

      Coroa romana que se lle concedía ao xeneral vitorioso ao entrar en Roma.

    1. s

      Institución que ten como insignia unha coroa, particularmente a real.

    2. s

      Conxunto de territorios gobernados por un soberano.

    3. discurso/mensaxe da coroa

      Discurso pronunciado polo soberano ante as Cortes, nas monarquías constitucionais.

    1. s

      Círculo dourado que figura arredor das cabezas dos santos.

    2. s [ZOOL ]

      Parte do dente, revestida de esmalte, que sae das enxivas.

    3. s [ASTRON ]

      Envoltura luminosa irregular que envolve o Sol máis alá da cromosfera.

    4. s [BOT ]

      Cáliz transformado que envolve o ollo dalgúns froitos.

    5. s [BOT ]

      Apéndice petaloide que presentan certas flores.

    6. coroa circular [MAT ]

      Figura plana entre dúas circunferencias coplanares que teñen un mesmo centro, pero con raios de diferente lonxitude.

    7. efecto coroa [FÍS ]

      Luminosidade azulada que se forma nalgúns puntos das liñas aéreas de alta tensión, arredor dos condutores.

  2. s f
    1. Parte superior e posterior da cabeza dunha persoa.

    2. Pequeno círculo que se rasuraban os eclesiásticos no curuto.

    3. Parte máis alta dun monte.

  3. s f [BÉL ]

    Obra exterior das antigas fortificacións composta de dous baluartes, dúas cortinas e dous medios baluartes nos laterais.

    1. s

      Moeda que leva unha coroa como símbolo.

    2. s

      Moeda francesa de ouro, cuñada durante o reinado de Filipe VI (1328-1350).

    3. s

      Moeda castelá de prata cuñada por Enrique II que tamén recibiu o nome de real.

    4. s

      Moeda inglesa cuñada en ouro e prata desde o reinado de Enrique VII ata o de Carlos II.

    5. s

      Moeda austríaca cuñada en ouro desde 1857 e en prata desde 1892.

    6. s

      Moeda portuguesa de ouro equivalente a dez milreis (1868-1911).

    7. s

      Moeda castelá de ouro que estivo en vigor desde o reinado de Xoán II ata o final do s XVII.

    8. s

      Real de prata castelán cuñado por Pedro I coa inicial do monarca coroado.

    9. coroa de Navarra

      Moeda cuñada en Navarra que valía medio marabedí.

    10. coroa de sol

      Moeda cuñada por Carlos V nos Países Baixos que tiña no anverso un escudo coroado e unha lenda.

  4. s f [ECON ]

    Unidade monetaria principal da República Checa, Dinamarca, Eslovenia, Islandia, Noruega e Suecia.

  5. s f [LING ]

    Bordo anterior da lingua que cobre o ápice e a parte anterior do predorso.

    1. s

      Poema composto por doce sonetos ligados no que o último verso de cada un se repite no comezo do seguinte, ata o verso final, que coincide co primeiro verso do soneto inicial.

    2. coroa poética

      Antoloxía de poemas dedicados especialmente a conmemorar efemérides dos monarcas reinantes ou festividades relixiosas dunha certa importancia.

  6. s f [PESCA ]

    Anaco de rede que constitúe a parte final do aparello que se utiliza en varias artes de pesca.

  7. coroa dentada [TECNOL ]

    Roda cun conxunto de dentes cónicos que se engrena cun piñón.

Sinónimos

Citas

  • As raíñas da festa lucían coroas de rosas, O poeta recibiu unha coroa de metais nobres como premio á súa obra
  • Comecei a perder pelo pola coroa
  • Expulsárono da coroa, pero nunca chegou a marchar
  • O cadaleito estaba rodeado de coroas funerarias
  • O príncipe obtivo a coroa despois dunha longa dictadura
  • Pretendía unir as dúas coroas cun matrimonio