coroación

coroación

lat corōnatĭōne

Plural: coroacións
  1. s f
    1. Acción de coroar.

    2. [HIST ]

      Cerimonia de imposición da coroa a un soberano.

  2. s f

    Remate dunha cousa.

  3. s f [ARQUIT ]

    Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.

    1. coroación da virxe

      Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos.

    2. coroación de espiñas

      Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús.

Sinónimos

Citas

  • A coroación de Curros Enríquez tivo lugar no Teatro Principal da Coruña en 1904
  • A coroación de edificio é de forma circular, Os premios internacionais foron a coroación de toda unha vida dedicada á arte
  • Napoleón ordenou a súa coroación como emperador

Palabras vecinas

coro coro- coroa coroación coroado -da coroamento coroar