lámina

lámina

lat lamĭna

Plural: láminas
  1. s f

    Anaco plano e delgado de calquera material resistente.

  2. s f
    1. Prego delgado radial situado na cara inferior do sombreiro dos cogomelos, recuberto polo himenio.

    2. Parte superior ensanchada do pétalo.

    3. limbo.

    1. s

      Plano de orde inferior á de estratrificación, aplicado en sedimentoloxía.

    2. lámina delgada

      Mostra de rocha tallada finamente para ser observada mediante o microscopio.

  3. s f

    Ilustración impresa en papel.

  4. lámina anelada/periódica [BIOL ]

    Estrutura citoplasmática formada por un conxunto de vesículas aplanadas, que se dispoñen paralelamente, e que son frecuentes nas células xerminais e nas que teñen unha elevada síntese proteica.

  5. lámina de caras paralelas [FÍS ]

    Sistema óptico que consiste en dous planos paralelos entre os que hai un medio de índice de refracción n. Se un raio de luz atravesa a lámina experimenta dúas refraccións, polo que un observador situado a un lado da lámina ve un punto A, e se se atopa situado no outro lado, ve unha posición A’ máis preto da lámina.

  6. lámina de sílex [ARQUEOL ]

    Tipo de lasca, tamén chamado folla, cunha lonxitude maior que o dobre da súa anchura. A cara dorsal está cruzada por arestas lonxitudinais. Adoptan diversas formas.

  7. lámina magnética [TECNOL ]

    Lámina moi delgada de material ferromagnético que se emprega como soporte de rexistro de información e que se dispón sobre un tambor xiratorio de escritura e lectura.

  8. lámina- [BIOQ ]

    β pregada