cabeza

cabeza

lat v capĭtĭa lat caput

Plural: cabezas
  1. s f [ANAT ]

    Parte superior do corpo humano e anterior e superior doutros animais, que contén os principais órganos dos sentidos e os centros nerviosos.

  2. s f

    Capacidade humana que é sede do pensamento, do intelecto, do talento ou do xuízo.

  3. s f
    1. Membro dun colectivo.

    2. Cada animal membro dun rabaño considerado individualmente.

    1. s

      Lugar preferente ou central.

    2. cabeza de serie [DEP ]

      Atleta ou equipo deportivo obxecto dunha clasificación preferente.

    1. s

      Poboación principal dun territorio.

    2. cabeza de partido [DER ]

      Poboación dun partido xudicial na que radica o xulgado de primeira instancia e de instrución.

  4. s f

    Parte por onde comeza ou remata algunha cousa.

    1. s

      Persoa que ocupa un lugar de preferencia.

    2. cabeza de familia [DER ]

      Persoa maior de idade ou menor emancipada, baixo a dependencia de quen e por diversas razóns, conviven outras persoas no mesmo domicilio.

    1. s

      Parte voluminosa e arredondada situada nun extremo dunha planta.

    2. cabeza de allo

      Conxunto dos dentes ou porcións que conforman o bulbo do allo.

  5. s f
    1. Parte superior dalgunha cousa.

    2. [XEOG ]

      Cima dun relevo montañoso.

  6. s f

    Extremo máis groso dun cravo, dun parafuso ou dunha agulla.

  7. s f [QUÍM ]

    Fracción máis volátil dunha mestura de líquidos sometida a destilación.

  8. s f
    1. Extremidade redondeada de certos ósos.

    2. Porción máis voluminosa de certos órganos.

  9. s f [BOT ]

    Parte da flor que exclúe o talo da mesma.

  10. s f [LIT ]

    Estrofa composta, polo xeral, de dous ou catro versos, que se sitúa no comezo dun poema e que presenta o tema.

  11. s f [MAR ]

    Cada un dos extremos dunha verga.

  12. s f [TECNOL ]

    Parte principal dun aparato ou dunha máquina.

  13. cabeza de cobra [PLANTA ]

    aristoloquia.

  14. cabeza de touro [ANIMAL/ICT ]

    Nome que reciben os peixes do xénero Cottus.

  15. cabeza magnética
    1. [TECNOL ]

      Transdutor electromagnético reversible que transforma os sinais eléctricos en magnéticos ou viceversa.

    2. Elemento dos dispositivos de almacenamento que empregan tecnoloxía.

  16. cabeza nuclear
    1. Parte dun mísil formada pola carga nuclear e por un corpo de reentrada.

    2. Carga nuclear que se monta na oxiva dun proxectil de artillaría.

  17. cabezas castrexas [ARQUEOL ]

    Esculturas en pedra procedentes dos castros galegos e portugueses ou do seu contorno.

Sinónimos

Confrontaciones

busto, croca, epígrafe, intelixencia, mente, testa, tino

Citas

  • A viga aínda non está asentada, só está apoiada polas cabezas
  • Afiei a cabeza do lapis hai cinco minutos e xa partiu outra vez
  • Andrés ocupa a cabeza da lista
  • Caeu do sétimo andar e esnafrou a cabeza
  • É un arteiro e sempre ten a cabeza chea de andrómenas, Ten unha boa cabeza e non vai poder seguir estudiando por falta de recursos, É pouco frecuente que cometa imprudencias, ten unha boa cabeza
  • Enumera as ideas principais na cabeza do comentario de texto
  • Esta vila é a cabeza do concello
  • Este ano o primeiro cabeza de serie en Roland Garros é Alex Corretja
  • Hai neve na cabeza dos montes máis altos
  • Hai un niño de cegoñas na cabeza do campanario
  • Merquei na praza dúas cabezas de repolo
  • O cadro de persoal consta de máis de trinta cabezas
  • O can é negro, pero ten unha mancha branca na cabeza
  • O motor constitúe a cabeza dun automóbil.
  • O número de cabezas medrou porque varias ovellas tiveron años
  • O xerente é a cabeza da empresa, Esta rapaza é a cabeza da clase con respecto ás notas
  • Repartiu mil pesetas por cabeza

Frases hechas

  • 1 Estar aparvado.

  • A cabeza hai que tela nalgunha cousa. A mente nunca para de pensar.

  • Asentar a cabeza. Facerse asisada unha persoa.

  • Baixar a cabeza. Sentir vergo

  • 1 Coa cabeza por diante.

  • 1 Emborrachar unha bebida alcoh

  • 2 Dicirlle cousas que lle causen desasosego.

  • 2 Provocar vaidade e presunci

  • 2 Sen dubidar.

  • 2 Ser persoa de pouco xu

  • 3 Facer que algu

  • Andar coa cabeza abaixada. Estar triste.

  • Andar de cabeza. Ter problemas.

  • Aprender en cabeza allea. Aprender levando os custos outra persoa.

  • Arriscar a cabeza. Po

  • Arrolar a cabeza.

  • Baixar cabeza. Obedecer.

  • Botar de cabeza. Arruinar a algu

  • Botarse de cabeza. Emprender un asunto de

  • Cabeza de ola. Substancia que sae dun caldo nas primeiras cuncas.

  • Cabeza de turco. Persoa

  • Cabeza de/no aire/cabeza tola/cabeza de vento Apl

  • Cabeza do dedo. Xema do dedo.

  • Cabeza do pan. Mazaroca.

  • Coa cabeza (ben) alta. Sen vergo

  • De cabeza.

  • Moerlle unha persoa a cabeza a outra persoa. Causar molestias, xeralmente mediante petici

  • Non levantar cabeza. Ter dificultades para sa

  • Perder a cabeza. Non ser capaz de rexerse nun momento concreto.

  • Perder unha persoa a cabeza. Actuar coa raz

  • Quitar algunha cousa da cabeza. Disuadir.

  • Sentar cabeza. Volverse asisada unha persoa que non o era.

  • Ter a cabeza a paxaros. Non ser asisado.

  • Ter cabeza. Ser intelixente.

  • Ter mala cabeza. Non ter tino.

Refranes

  • A cabeza é a arca do sentido.
  • A cabeza manda nos pes.
  • A cabeza, o comer e o beber a endereita.
  • A cada cabeza, seu siso.