auréola
lat aureŏla ‘dourada’
-
s
f
[ARTE ]
Contorno luminoso ou dourado que rodea a cabeza das imaxes esculpidas ou pintadas, especialmente as da iconografía cristiá.
-
s
f
-
Coroa que rodea a Lúa nos eclipses solares.
-
Anel luminoso de cor branca azulada e difusa, que aparece ás veces arredor do Sol, da Lúa ou doutros astros.
-
-
s
f
Luz azulada que aparece arredor das lámpadas cando o aire dunha mina contén grisú.
-
s
f p ext
Círculo luminoso que envolve un obxecto.
-
s
f fig
Opinión favorable que se ten dunha persoa polos seus méritos ou virtudes.
-
auréola accidental
[FÍS ]
Fenómeno óptico en forma de contorno anular, de luminosidade e de coloración difusas, que aparece ás veces envolvendo os obxectos que se observan a través dun sistema óptico.
-
auréola de contacto
[XEOL ]
Zona de contacto, tamén chamada auréola metamórfica, entre unha masa intrusiva e as rochas que a encaixan.
Sinónimos
Confrontaciones
fama, halo, reputación, sonaCitas
- Coa súa conducta incorruptible forxouse unha auréola de integridade
- O pintor destacou a imaxe da Virxe cunha auréola