coroamento

coroamento

coroar

Plural: coroamentos
  1. s m

    Acción de coroar.

  2. s m

    Remate dunha cousa material ou inmaterial.

  3. s m [ARQUIT ]

    Conxunto de adornos que coroan a parte máis alta dun edificio.

  4. s m [BÉL ]

    Conxunto de ameas dunha fortificación.

    1. s

      Contorno superior na liña curva da cobertura coa que acaba a popa dos barcos formando un arco convexo.

    2. coroamento de popa

      aranda situada na popa sobre a que se coloca o motor da embarcación, acompañado da bandeira distintiva do país de orixe.

    1. s

      Conquista dunha posición.

    2. coroamento do camiño cuberto

      Operación militar realizada no sitio dunha praza que consiste en colocar un soldado no camiño cuberto da muralla para despois continuar desde alí o asalto.

  5. s m [MED ]

    Momento no que o feto comeza a sacar a cabeza a través da vulva da nai no período expulsivo do parto.

Sinónimos

Citas

  • O coroamento desa obra é un importante traballo de enxeñería, O éxito no mercado foi o coroamento do labor de lanzamento da nova publicación

Palabras vecinas

coroa coroación coroado -da coroamento coroar coroceiro -ra corocha