"Reich" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 23.

    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

    2. Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

    3. Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

    4. Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

      1. Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

      2. Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

      3. Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

      4. Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

      5. Carácter que se transmite pola herdanza.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acompañar.

    2. Circunstancia de ir acompañado.

    3. Que acompaña.

    4. Conxunto de persoas.

    5. Conxunto de especies vexetais que forman parte da mesma comunidade.

    6. Procesión de almas en pena que saen do adro arredor das doce da noite e que percorren os camiños da parroquia. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Formación sólida de cor branca, dura e calcaria, incrustada nos ósos premaxilares e maxilares e na mandíbula, que empregan os vertebrados para mastigar e triturar o alimento, para se defenderen, no aseo ou noutras funcións.

      2. Dente molar e premolar que está modificado para cortar a carne.

      3. Dente que non se substitúe por outro.

      4. Dente da primeira dentición dalgúns mamíferos, que caen e se substitúen polos permanentes.

      1. Cada unha das partes que sobresaen de certos obxectos, máquinas ou ferramentas, semellantes a un dente.

      2. Elemento tallado sobre o corpo base da roda dunha engrenaxe, que permite transmitir o movemento a outra roda dentada.

    1. Cada unha das partes en que queda dividida unha cabeza de allo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir as persoas ou os animais sons que forman palabras.

      1. Comunicar algo que se pensa utilizando a linguaxe articulada.

      2. Comunicarse a través doutro procedemento distinto á palabra.

    2. Manter unha conversación con alguén.

      1. Ocuparse dun tema determinado.

      2. Interceder por alguén valéndose de influencias.

    3. Estimular o gando mediante voces ou coa aguillada para que fagan algo.

    4. Pronunciar un discurso diante dun público.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de fermoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo dun dos cónxuxes, froito dunha relación anterior, en relación ao outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de imposible.

    2. Incapacidade para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro mes do ano. No antigo calendario romano era o primeiro dos meses, consagrado ao deus da guerra, Marte, de quen deriva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO