Características

O contido do Dicionario de galego en Internet ten como base de partida o Dicionario normativo, editado por Ir Indo Edicións e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, con base léxica no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Ademais, seguirá a orde alfabética internacional, polo que os dígrafos chll e rr van incluídos dentro das letras cl e r, respectivamente, e está dividido en artigos ou lemas na súa forma en singular, agás aquelas palabras do tipo abade / abadesaheroe / heroína, que teñen entrada propia no feminino, e a súa flexión de xénero, cando corresponda, indicada coa última sílaba separada por un guión, ou co feminino desenvolvido (ex.: crucrúa), que utilizan formalmente a letra azul escura grosa.

Aínda que se toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa), procedeuse a modificar algunhas solucións que non parecen as máis axeitadas.

Exemplo do VOLGa:

apocalipse

    f Nota: nome propio masc.;

No Dicionario de galego en Internet:

Apocalipse

    1 s f Estado catastrófico de moi difícil resolución.

    2 s f RELIX Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá.

    3 s f RELIX Último libro do Novo Testamento que relata as visións e revelacións de san Xoán sobre a fin do mundo. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

As entradas das palabras aparecen habitualmente pola forma masculina singular. A desinencia feminina dos substantivos e adxectivos, no caso de tela, aparece a continuación da forma masculina, no mesmo corpo ou tipo de letra e repetindo a sílaba final completa (ex.: mozo -zasogro -gra etc.).

Tamén se recollen os substantivos ou adxectivos que, ao non presentaren desinencia feminina, só constan dunha terminación (ex: brevexornalista etc.). Cando os substantivos posúen un feminino totalmente diferente do masculino (ex.: home / mullerboi / vaca etc.) e aqueloutros que se forman con sufixos especiais (abade / abadesatsar / tsarina etc.), teñen entrada propia.

Por outra banda, os plurais irregulares ou dubidosos son indicados entre corchetes.

Exemplo:

real [pl: reás]

álbum [pl: álbums]

Excepcionalmente, algunhas palabras científicas, en especial as pertencentes ás ciencias biolóxicas, entraron coa forma en plural. Ex.: acantocéfalos.

No caso de palabras homógrafas, van seguindo a orde correlativa do superíndice que as acompaña.

Exemplo:

1canto

    s m MÚS…………..;

2canto

    s m Pedra………..;

3canto

    s m Aresta………..;

4canto -ta

    rel……….

Correspondéndolle o primeiro lugar a aquela que non ten ningún acento ou signo diacrítico.

Exemplo:

1ca

    conx………….;

2ca

    METROL Símbolo de centiárea…………..;

3ca!

    Interx……………………

Se se recollen elementos entre parénteses, estes non se terán en conta na ordenación xeral das entradas.

Exemplo:

acant (o)-

    pref Forma prefixada de orixe grega...;

acantáceo -a

    1 adx Relativo ou pertencente....

O sintagma que configura unha entrada e que se ordena por outra palabra distinta da primeira presenta dúas partes diferentes: a que constitúe o núcleo principal aparece en letra grosa e vai en primeiro lugar, e a parte secundaria, que na ordenación normal iría antes da palabra principal, aparece en letra negra fina, detrás e precedida dunha coma.

Exemplo:

balde, de

    loc adv De modo gratuíto…;

balde, en

    loc adv De xeito inútil.

Ademais, incorpora un gran número de palabras ata o de agora non recollidas na tradición lexicográfica galega:

–Neoloxismos científicos e técnicos que responden a conceptos non recollidos, descoñecidos ou moi pouco empregados.

Exemplo:

absorciometría

    1 s f METROL Medida da enerxía radiante absorbida pola materia.

  2 absorciometría dual de fotóns MED Técnica de diagnose baseada na irradiación corporal de fotóns que, ao atravesar o organismo, son absorbidos especialmente polos tecidos mineralizados.

–Termos do léxico común que non se adoitaban incluír nos dicionarios, pero que responden a unha correcta flexión gramatical.

Exemplo:

perrucaría

    < perruca + -aría

Aínda que se prescinde dos adverbios en -mente, facilmente deducibles.

–Variantes fonéticas ou dialectais de uso moi espallado.

Exemplo:

aburbullar

    v i barbulla.

zarzallar

    v i froallar.

 

Préstamos e estranxeirismos

Considéranse préstamos aquelas palabras de orixe non galega e incorporadas á lingua común, independentemente do momento da súa entrada, que en moitos casos fan referencia a realidades alleas, que se recollen con flexión galega, e en moitos casos coa indicación da súa forma orixinal e lingua ou sistema de transcrición de orixe entre corchetes (ex.: burxita [ár: burgi]). Os estranxeirismos, ou palabras que o galego tomou doutras linguas, van indicados cun asterisco á dereita do lema e na súa forma orixinaria, seguidos da indicación da lingua de orixe entre corchetes.

Exemplo:

abertzalismo*

[éusc]

    s m POLÍT Doutrina do nacionalismo vasco que defende a existencia da nación vasca e reivindica o dereito á independencia dos territorios de Euskal Herria: Araba, Bizkaia, Gipuzkoa e Nafarroa, baixo soberanía española, e Lapurdi, Be-Nafarroa e Zuberoa, baixo soberanía da República Francesa.

Cando se marca o significado dun termo, faise entre ‘comiñas simples’.

Exemplo:

acefal(o)-

    pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘sen cabeza, sen comezo’.

 

Termos científicos e técnicos

Para a clasificación dos seres vivos séguese o sistema binomial aceptado pola comunidade científica, constituído polo xénero e a especie.

Exemplo:

lobo

    [Canis lupus], onde Canis é o xénero e lupus a especie…;

 

Os compostos químicos levan entre corchetes a fórmula química simplificada.

Exemplo:

cloranfenicol

    [C11H12O5N2Cl2]…

E séguense as normas internacionais sobre nomenclatura química (IUPAC) e para as unidades as das normas internacionais (Sistema Internacional de Unidades [SI]), aínda que se adoita incluír como entrada a forma hispánica, con envío á internacional.

Exemplo:

hercio

    s m METROL hertz.

 

Acrónimos e abreviaturas

Introdúcense gran número de acrónimos e abreviaturas, tanto galegos coma estranxeiros, debido ao seu amplo uso, e desenvólvense entre corchetes.

Exemplo:

ABS

[ingl: Antiblockiersystem]

IRPF

[Imposto da Renda das Persoas Físicas]

IVE

[Imposto sobre o Valor Engadido]…

 

Microestrutura
 

Acepcións
 

Cada entrada pode ter á súa vez unha ou máis acepcións, numeradas con caracteres arábigos en letra negra.

Exemplo:

abacelar

    1 v t Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2 v t Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3 v t Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

Unha acepción pode conter dúas ou máis subacepcións, que achegan matices ou especificacións que cómpre distinguir da definición xeral. Estas irán numeradas en cursiva. Así mesmo, no corpo do artigo considéranse as subentradas, grupos de palabras sen categoría gramatical especificada, que poderían posuír entrada propia, pero que se inclúen como acepción ou subacepción en función da súa dependencia do significado xeral, e van ordenadas dentro destas alfabeticamente e en letra negra.

Exemplo:

abade

    1 RELIX

        1 s m Superior ou máxima autoridade dunha abadía ou mosteiro, encargado do goberno da comunidade monástica.

        2 abade exento/nullius Abade exento da xurisdición episcopal.

        3 abade mitrado Abade que usa insignias pontificais.

    2 s m RELIX Reitor dunha parroquia.

Así, o criterio léxico de ordenación dentro das acepcións e subacepcións é, de xeito xeral, o de uso, aínda que nos verbos se adopta o da categoría gramatical (v t-v i-v pron), e nos nomes, o de adx-s-adv, polo xeral.

 

A etimoloxía
 

As entradas de léxico común preséntanse acompañadas da etimoloxía. Entre paréntese, indícase a lingua de orixe, mediante unha abreviatura e o termo de procedencia. Este pode ir en alfabeto latino ou calquera outro, neste último caso manterá a forma orixinal e a tradución.

Ex.:

allo

    < lat alliu;

cinético

    < gr  κινητικος ‘que pon en movemento’.

O símbolo < precede sempre a voz da que procede, sexa esta unha palabra doutra lingua ou un termo en romance.

Ex.:

amorío

    (< amor)

amigo

    (< lat amicu)

As formas hipotéticas, reconstruídas sen o apoio de documentación aparecen cun asterisco.

Ex.:

verza

    (< lat v virdis < lat c *virdia)

Cando se precisa por claridade indicar o significado na lingua orixinaria utilízanse as comiñas simples para sinalalo.

Ex.:

amorodo

    (< lat moru ‘mouro’)

Se queremos indicar a composición de máis dun termo dun mesmo étimo acudimos ao signo +.

Ex:.

amencer

    (< ad ‘a’ + lat mane ‘mañá’ + suf scere)

 

Tradución a outras linguas
 

As entradas tradúcense a tres linguas: portugués (port), castelán (cast) e inglés (ingl), respectivamente, e preséntanse entre corchetes, tras o étimo. De cada entrada tradúcense as de uso máis frecuente e ordénanse polo número de acepción.

Exemplo:

apañar

    port: apanhar, recolher, pillar; cast: recoger; ingl: to get together, to catch.

Tamén aparece indicada a desinencia feminina nas palabras castelás e portuguesas cando presenten un sufixo de xénero diferente ao do masculino.

Exemplo:

arriscado -da

    port: arriscado -da; cast: arriesgado -da; ingl: risky, dangerous.

Nos artigos relativos á flora e fauna as distintas acepcións teñen o mesmo tratamento cás entradas, polo que cada unha das especies introducidas en letra negra van acompañadas da tradución nas tres linguas mencionadas.

Exemplo:

abeto

    lat v abete < lat c abiete

    port: abeto; cast: abeto; ingl: fir

    1 s m PLANTA Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ouTsuga. Caracterízase por ter acículas perennes que non sobrepasan os 35 mm, presentes só nos macroblastos.

    2 abeto branco [Abies alba, subFam das abietoideas] s m Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza branco agrisada, acículas fendidas no ápice e piñas ergueitas que se desfán ao madurar. É propia das montañas do S e centro de Europa.

    3 abeto caucasiano [Abies nordmanniana, subFam das abietoideas] PLANTA Árbore da subfamilia das abietoideas, de cortiza agrisada e piñas ergueitas.

    4 abeto de Douglas [Pseudotsuga menziesii, subFam das abietoideas] PLANTA Árbore da subfamilia das abieotideas, de piñas pendurantes con brácteas en que sobresaen tres dentes anchos.

 

Formas verbais
 

O dicionario desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais.

Exemplo:

ando

Primeira persoa do presente de indicativo do verbo andar.

Cando o verbo presenta alternancia vocálica indícase, despois da forma conxugada, o timbre aberto ou pechado da vogal tónica mediante corchetes e segundo o alfabeto fonético internacional (AFI).

Para facer esta clasificación, tivemos como referencia as publicacións de Manuel Díaz Regueiro, Os verbos galegos (1992) e Normas ortográficas e morfolóxicas do galego (1995), publicadas pola RAG/ILG. Na nomenclatura dos tempos verbais, óptase pola terminoloxía fixada por esta última fronte á tradicional.

 

Gramática tradicional Nova terminoloxía
Pretérito imperfecto Copretérito
Pretérito perfecto Pretérito
Pretérito pluscuamperfecto Antepretérito
Condicional Pospretérito

 

Categorías gramaticais
 

As diferentes categorías gramaticais dunha palabra ou locución especifícanse en cada acepción en letra cursiva (adx, s, adv...; xénero: m, f...). Cada unha das distintas acepcións vai acompañada da categoría gramatical, pero cando a categoría dunha acepción é a mesma para todas as súas subacepcións, esta especifícase dentro da acepción.

Exemplo:

abadía

    1 s f RELIX

        1 Mosteiro rexentado por un abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria do bispo correspondente.

        2 Edificio ou conxunto de edificios dun mosteiro ou dunha colexiata.

    2 s f RELIX Casa e terras colindantes que pertencen á Igrexa.

E se cada subacepción responde a diferentes categorías, ou se unha destas se modifica, a indicación da categoría vai marcada en cada unha das subacepcións.

Exemplo:

abisinio -nia

    1

        1 adx Relativo ou pertencente a Abisinia ou aos seus habitantes.

        2 s Natural ou habitante de Abisinia.

    2 [....]

Ademais das categorías gramaticais, tamén se inclúen indicacións semánticas de uso (figp ext) e de nivel de lingua (famcol...). Todas estas informacións poden, á súa vez, incluírse ao final do artigo ou da acepción correspondente coa abreviatura Tm ‘Tamén’, que indica unha característica adxacente, gramatical ou semántica da principal.

Exemplo:

abelurio

    1 adx Que resulta molesto e insolente. Tm s.

    2 adx Que gusta de enredar. Tm s.

    3 s m Trasno nocturno, doméstico e trouleiro.

 

Materias
 

As entradas ou acepcións de emprego específico en determinadas disciplinas van indicadas con abreviaturas que determinan a rama de coñecemento á que pertencen. Se a mesma acepción ten dúas ou máis disciplinas, indícanse por orde de importancia separadas por unha barra (ex.: FILOS / LING). Cando todas as subacepcións pertenzan á mesma materia, esta indícase na acepción.

Exemplo:

afgán -gá

    1

        1 adx Relativo ou pertencente a Afganistán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

        2 s Natural ou habitante de Afganistán.

    2 HIST/ETN

        1 adx Relativo ou pertencente ao pobo afgán.

        2 s Individuo do pobo afgán.

           3 s m pl Pobo que habita en Afganistán e en áreas de Paquistán e Irán. 3 s m LING Lingua indoirania oficial en Afganistán. OBS: Tamén se denomina pashto.

Pero se cada subacepción responde a materias diferentes, ou se unha delas se modifica con respecto ás demais, a materia correspondente marcarase dentro de cada subacepción.

Exemplo:

calor

    1

        1 s f FÍS Proceso de transferencia de enerxía dun corpo ou dun sistema a outro como resultado da diferenza de temperatura entre ambos os dous.

        2 s f FÍS/FISIOL Aumento de temperatura no corpo dun animal como resultado da súa actividade metabólica.

        3 calor atmosférica METEOR Calor debida.

 

Sinónimos, antónimos e confrontacións
 

No tratamento da lexicografía e, por razóns de amplitude, introdúcense catro campos: os sinónimos, os antónimos, as variantes e as confrontacións.

As entradas léxicas, suxeitas aos cambios, enriquécense e relaciónanse unhas con outras a través do fenómeno da sinonimia que se basea sempre nun principio de identidade de significado, e que permite que dúas ou máis palabras diferentes co mesmo significado poidan conmutarse entre si en calquera contexto e nos diferentes actos de fala.

Agora ben, ás veces, o establecemento de sinónimos choca frontalmente con outro aspecto lingüístico non relacionado directamente, como son os rexistros ou usos que fan referencia ás variantes diafásicas, e que tamén se recollen mediante unha abreviatura nesta obra.

 

Frases feitas e locucións
 

Por outra banda, considéranse de maneira diferenciada as frases feitas que se introducen ao final de cada entrada e non tras cada acepción debido, ás veces, á dificultade de agrupalas nalgunha delas. A frase feita márcase en letra grosa, seguida dun punto e da aclaración.

Exemplo:

A entrada mar inclúe dentro da epígrafe FRAS: A mares. Abundantemente, en gran cantidade. Andar ao mar. Estar ocupado realizando traballos de pesca. Arar no mar/dar golpes ao mar. Perder tempo nun esforzo que non vai dar resultado. Baixar o mar. Descender a marea. Bater o mar. Cando o mar golpea a costa con grandes ondas. Correr o mar. Navegar sen destino ou rumbo fixo...

Inclúense tamén nesta clasificación os refráns.

 

Tradición oral e citas
 

As definicións de cada unha das entradas, acepcións ou subacepcións procuran en todo momento a claridade e evítanse os conceptos complexos que poidan complicar a súa comprensión. Con este fin introdúcense, cando cómpre, exemplos xa rexistrados na tradición onde se recolle o termo definido.

Inclúense nesta clasificación os exemplos tomados da tradición popular (agás os refráns que se recollen como frases feitas).

 

Observacións
 

Algunhas voces ou acepcións poden ir acompañadas de distinta información, léxica ou gramatical, que se recolle coa abreviatura OBS: ‘observación’, que vai na acepción concreta á que fai referencia, e cando compete toda a entrada vai na última acepción.

Exemplo:

2a(n)-

    pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘negación, privación, separación, afastamento’. OBS: Presenta o alomorfo an- cando vai diante de vogal ou h.

Nos termos de léxico científico ou técnico, é habitual que se indiquen deste xeito outros termos ou designacións sinonímicas que xeralmente foron marcadas como envíos desde o termo equivalente.

Exemplo:

acetaldehido

    1 [C2H4O] s m QUÍM Líquido moi volátil, inflamable, irritante, narcótico e de olor penetrante. É un intermediario importante en varios procesos bioquímicos.

    2 acetaldehido amoníaco [C2H7ON] QUÍM Sólido pouco estable ao aire, soluble en auga. OBS: Tamén se denomina aldehido amoníaco.

 

Remisións
 

As remisións das entradas léxicas só se dan dunha maneira directa cando se indica que dúas palabras son sinónimas en todas as súas acepcións.

Exemplo:

abarcábel

adx abarcable.

Ou cando a sinonimia afecta a unha acepción concreta que vai identificada cunha determinada materia. Exemplo:

aretoloxía

s f FILOS ética.

Nos participios, faise unha remisión ao verbo do que derivan.

Exemplo:

zafado -da

    1 p reg zafar.

    2 adx Que non ten a cara limpa.

    3 adx Que non ten vergonza.