carácter

carácter

lat charactēr gr χαρακτ ή ρ ‘sinal, distintivo’

Plural: carácteres
  1. s m

    Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.

  2. s m

    Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.

  3. s m [PSIC ]

    Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.

  4. s m

    Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.

    1. s

      Trazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.

    2. carácter adquirido

      Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.

    3. carácter cualitativo

      Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.

    4. carácter cuantitativo

      Carácter que fai referencia ás calidades medibles.

    5. carácter hereditario

      Carácter que se transmite pola herdanza.

    6. carácter mendeliano

      Carácter hereditario que se transmite seguindo as leis de Mendel.

  5. s m

    Sinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgunha cousa.

    1. s

      Cada un dos signos dun repertorio aceptado por convención e facilmente recoñecibles que conteñen información, tanto se van en grupo, polo xeral en secuencia, como illados. Pode ir representado por medio dun xogo ordenado de impulsos ou de cifras binarias (bits) e de forma gráfica.

  6. carácter sacramental [RELIX ]

    Efecto que producen os sacramentos do Bautismo, a Confirmación e a Orde, definido polo Concilio de Trento como un sinal espiritual e indeleble que queda imprimido na alma.

  7. carácter sexual [FISIOL ]

    Cada unha das características anatómicas ou funcionais que definen o sexo.

Sinónimos

Confrontacións

temperamento

Citas

  • O carácter específico das investigacións provocou a suspensión do xuízo
  • O documento ten carácter oficial
  • O lingüista inventou un sistema de escritura que combinaba os caracteres gregos e latinos
  • O romanticismo foi unha época con moito carácter
  • O xurado tivo en conta o carácter nobre do presunto delincuente á hora de xulgalo
  • Os títulos dos libros deben escribirse en caracteres cursivos
  • Precisamos unha persoa con moito carácter para dirixir un grupo tan grande

Refráns

  • A espiña, cando nace, xa leva o pincho diante.
  • Cada cal ao seu natural.
  • Cada cal ten o seu natural.
  • Cada un é como Deus o fixo.
  • Dime con quen andas e saberei quen es.
  • Dime o que comes e direiche o que es.
  • Esta nosa filla non dá tino a ninguén: nin é mel nin fel nin vinagre.
  • Non preguntes quen é a ninguén, que el cho dirá. ben.
  • O berce o dá e a tumba o leva.
  • Ó cardo que ha de picar, logo lle nacen as espiñas.
  • O que é arteiro non pode ser bo cabaleiro.
  • Por ben que se desminta cada cal, sempre volve ao seu natural, ora para ben, ora para mal.
  • Quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá.