louvanza

louvanza
Plural: louvanzas
s f

loanza.

Refráns

  • A honra é de quen a dá.
  • Antes que coñezas, non gabes nin ofendas.
  • Antes que probedes, non gabedes.
  • Cada oleiro as súas olas gaba; e máis, se as ten crebadas.
  • Desconfía do que sempre te gaba.
  • Dime de que te alabas e direiche o que che falta.
  • Dinche que es bo ¡mete as mans no seo!
  • Gaba o parvo e faino bailar; se non é parvo, parvo o volverás.
  • Gábate, cesto, que venderte quero.
  • Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre.
  • Ninguén se alabe mentres non acabe.
  • Ninguén se gabe ata que acabe.
  • Ninguén se gabe do que non fai.
  • Ninguen se gabe do que non sabe.
  • Non amanses poldros nin chúfe-Ia muller doutro/muller pouco nin moito.
  • Non gabes ata que probes.
  • Non gabes nin desgabes ata que pasen sete Navidades.
  • Non hai como morrer para que gaben a un.
  • O moito chufar, cansa e chega a rallar.
  • Ó que ao burro gaba, tal fillo lle naza.
  • O que non se "alaba", de TUÍn morreo
  • Poucos en persoa propia deben gabar as súas cousas.
  • Se che din ben da túa leira, mete a man na faldriqueira.
  • Se que res que che diga o que che falta, dime de qué te gabas.
  • Unha carga de cal e outra de area.

Palabras veciñas

louseira louseiro -ra louseño -ña louvanza louvar louxa louza