falar

falar

lat fabulāri

  1. v i

    Emitir as persoas ou os animais sons que forman palabras.

  2. v i
    1. Comunicar algo que se pensa utilizando a linguaxe articulada.

    2. Comunicarse a través doutro procedemento distinto á palabra.

  3. v i

    Manter unha conversación con alguén.

  4. v i
    1. Ocuparse dun tema determinado.

    2. Interceder por alguén valéndose de influencias.

  5. v i

    Estimular o gando mediante voces ou coa aguillada para que fagan algo.

  6. v i

    Pronunciar un discurso diante dun público.

  7. v i

    Manter unha relación amorosa. Tm v pron.

  8. v i

    Murmurar sobre alguén.

  9. v t

    Ter a capacidade de expresarse nun idioma diferente ao propio.

  10. v t

    Tratar un tema ou asunto.

Sinónimos

Citas

  • A súa cara fala dos sufrimentos que pasou
  • Ese libro fala das lendas populares
  • Esta tarde falará un especialista nesa materia
  • Fala moito e non escoita os demais
  • Fala sen dificultade alemán e inglés
  • Fálalle ás vacas para que leven o carro dereito
  • Falamos de política
  • Falei toda a tarde con ela
  • Falou durante varios anos cun rapaz da súa aldea antes de casar con estoutro, Eses dous fálanse sen que o saiba a xente
  • Ninguén o quere porque fala de todo o mundo
  • Non lle fala desde que tiveron esa discusión, Eses xa non se falan
  • Non o faledes diante do rapaz
  • O neno xa empezou a falar, O papagaio de meu irmán fala moi ben
  • Os xordomudos falan por medio dunha linguaxe de signos
  • Xa lle falei de ti ao meu xefe

Frases feitas

  • Dar que falar. Facer algo que causa moitos comentarios.

  • Falar coa boca pequena. Non ser sincero.

  • Falar con anchura. Falar con liberdade.

  • Falar entre dentes. Fungar.

  • Falar pola boca doutro. Falar con precauci

  • Falar por indirectas. Dar rodeos para dicir algo.

  • Falar redondo. Falar con sinceridade.

  • Falar tirando dos folgos. Falar con moito esforzo.

  • Falar barato. Charlar.

  • Falar coa fame. Dicir cousas que poden sentar mal.

  • Falar coma quen baila sen son/Falar da caza e mercala na praza/ Falar para adiante/ Falar por falar/Falar en banda/Falar por non estar calado. Falar sen sentido.

  • Falar do xato e esquecelo trato/dos biosbardos/das nubes. Falar de algo que non ten que ver co tema do que se fala.

  • Falar por acenos. Con xestos.

  • Falar sen cancelas. Falar moito e sen pensar no que se di.

  • Nin falar. Non querer falar dalg

  • Non facer falar. Obrigar a algu

Refráns

  • A bo entendedor, curto falador.
  • A bo entendedor, pouca parola.
  • A bo entendedor, poucas palabras.
  • A boca fala ás veces o que sente o corazón.
  • A dúas palabras, catro porradas.
  • A dúas palabras, tres parvadas.
  • A lingua larga é sinal de man escasa.
  • A mellor palabra é a que está por dicir.
  • A mellor palabra é a que queda no corpo.
  • A moita conversación ralla.
  • A moita conversación trae, ás veces, menosprecio.
  • A moito falar, moito errar.
  • A palabra e a pedra solta non teña volta.
  • A quen non fala, Deus non o oe.
  • Anda quedo, non andes runfando; fai as túas cousas calando.
  • Anque moito rosmades, a min non me enganades.
  • Antes de falar dalguén, mira ben de quen.
  • Aprende a calar, para saber ben falar.
  • As palabras han ser contadas e ben pesadas.
  • As palabras son femias e os feitos son machos.
  • As silveiras teñen orelleiras.
  • Ata que sexa pasado, non fales mal do ano.
  • Axúdame, lingua, que para iso es miña.
  • Bén dixo.o que soilo o preciso dixo.
  • Bo saber é calar ata que sexa tempo de falar.
  • Boas palabras e malas obras, hainas ás sobras.
  • Cada un di quen é.
  • Cada un fala coma quen é.
  • Cada un fala do seu mester ande queira que estiver.
  • Cal é o varón tal é a súa razón.
  • Cal ti es, así me dis.
  • Calar e falar non caben nun lugar.
  • Calar e obrar pola terra e polo mar.
  • Calemos, que os xordos tamén escoitan.
  • Calemos, que todos calar debemos e todos calar podemos.
  • Can moi ladrador, pouco mordedor.
  • Cando eu falo, a boca abro.
  • Cando falares dalguén, mira de quen e á quen.
  • Cando fales dalguén, pénsao primeiro ben.
  • Cando fores por un camiño, non fales mal do teu inimigo.
  • Cando o neno sabe dicir pedra, xa a moleira lle cerra.
  • Canto saibas non dirás, canto vexas non xulgaras, se queres vivir en paso
  • Cantou O pardal e cantou polo seu mal.
  • Co rei e a Inquisición ¡chitón!
  • Cousa mal dita non aquece.
  • Da besta, a mular; e do home, o de pouco falar.
  • Da boca pechada nunca sae mala palabra.
  • Denantes de dar dictame, fai falla face exame.
  • Dicir ben e obrar mellor.
  • Dicir e facer non é para todos.
  • Dicir e facer poucas veces xuntos se ven.
  • Dime con quen andabas e direiche de quen falabaso
  • Dime os que estaban e direiche o que falaban.
  • Ditos de vellas arrancan as pedras.
  • Do dito ao feito vai un bo treito.
  • Do pensar ao facer, hai moitas leguas que correr.
  • Do que non entendas, non fales, que vale máis non dicir.nada, que dicir barbaridades.
  • Do que non sabes non fales.
  • En canto digo e fago, perdo un bocado.
  • Fai moito e fal.a pouco.
  • Fala ben, que non custa un carto/nada.
  • Fala ben, que se aforra camiño.
  • Fala da guerra e non vaias a ela.
  • Fala pouco e acertarás.
  • Fala pouco e ben e serás alguén.
  • Falamos e non nos entendemos.
  • Falando enténdense os homes.
  • Falando enténdese a xente.
  • Falando sábense as cousas.
  • Falar ben pouco custa.
  • Garda o bico e terás paz.
  • Gárdate de falar sen antes o pensar.
  • Gobema a túa boca segundo a túa faldriqueira.
  • Hai quen fala da guerra e non vai a ela.
  • Home de feito, pelo no peito.
  • Home falador, esbardalla a máis e mellor.
  • Home falangueiro non garda segredo.
  • Home moi faladeiro, borne moi mentireiro.
  • Home moi falador, nunca foi bo cavador.
  • Home que moíto parola non sempre ten boa obra.
  • Home sen feíto é coma easa sen teito.
  • Lingua longa, sinal de man curta.
  • Máis fácil é falar que traballar.
  • Máis verdades se han saber que dicir.
  • Moita lingua e poucos feítos.
  • Moita parola, labor pouco.
  • Moito falar e moito errar.
  • Mozo ben criado nin de seu fala; e, preguntado, cala.
  • Na boca pechada non entra nada.
  • Nin besta de só herbli nin home de moita verba.
  • Nin boa palabra, nin boa obra.
  • Nin digamos que digamos, pero tampouco digamos que digamos.
  • Nin palabra mala, nin obra boa.
  • Non di máis a lingua có que sente o corazón.
  • Non diga a boca o que pague a falchoca.
  • Non diga a lingua por onde pague a faldrica.
  • Non digas todo o que sabes nin fagas todo o que podes nin xulgues todo o que ves nio creas todo o que falan.
  • Non digas todo o que sabes, se queres vivir en paz.
  • Non hai cousa máis ben dita que a que inda está por dicir.
  • Non hai mellor palabra cá que se cala.
  • Non hai nada mellor dito que aquilo que non se dixo.
  • Non todo o que se di se fai, nin todo o que se fai se di.
  • Non todo se ha de falar nin todo se ha de calar.
  • Non valen palabras para a miña tía, que inda das boas obras non se fía.
  • Nunca ninguén diga por si: Ben estou.
  • O bo entendedor media palabra abóndalle.
  • O borne de moita parola é de pouca obra.
  • O borne mal falado no leito se eslomba.
  • O dito axiña pasa e o diñeiro queda na casa.
  • O dito, se non é agudo, non vale un pito.
  • O home, de poucas palabras; e esas, sabias.
  • O mellor dito é o que está por dicir.
  • O moito falar é vicio.
  • O moito falar noce e o moito rañar escoce.
  • O mozo ben criado non fala, máis que cando é preguntado.
  • Ó neno e á muller dilles só o que che conviñer.
  • Ó paroleiro deixalo no carreiro.
  • O paroleiro non cala o seu nin o alleo.
  • O que é bo de dicir é ás veces malo de facer.
  • O que máis fala menos fai.
  • O que non pensei antes de falar, despois de falado, deume que pensar.
  • O que se cala, sempre se pode dicir; o que se di, nunca se pode calar.
  • O que ten por que calar, non debe falar.
  • O que todos din, ou é ou quere ser.
  • Obras falen, palabras calen.
  • Oe e cala, vivirás vida folgada.
  • Oír, ver e calar, pola terra e polo mar.
  • Ós ditos das vellas hai que tapa-las arellas.
  • Palabra e pedra solta non ten volta.
  • Palabra fóra da boca é pedra fóra da mano
  • Palabra que se soIta non se pode recoller.
  • Palabras de santo, feren ás veces como unllas de gato.
  • Palabras sen feito, gaita sen punteiro.
  • Palabras sen obras, guitarra sen cordas.
  • Palabras soilas non poñen Ao lume a ola.
  • Para o bo entendedor, o pouco falador.
  • Pedrada contada, nunca gañada.
  • Pola boca morre o peixe.
  • Pola terra e polo mar, obrar e calar.
  • Polo bico morre o peixe.
  • Por falar ben non prenden a ninguén.
  • Por falar ben non se perde nada e antes se gaña.
  • Por falar pouco nada se perde.
  • Por pouco talar, ninguén tivo que se laiar.
  • Por un dito pérdese un amigo.
  • Quen calar non sabe, falar non debe.
  • Quen di o que non debe oe o que debe.
  • Quen di o que quere oe o que non quere.
  • Quen fala o que non debe, oe o que non quere.
  • Quen moito fala, moito erra.
  • Quen moito fala, nalgo erra.
  • Quen moito fala, pouco asubia.
  • Quen moito parola fai pouca obra.
  • Quen moito rosma pouca razón ten.
  • Quen soilo di un é como se non dixera ningún.
  • Reprende as vidas alleas co teu exemplo e non co teu entendemento.
  • Se te botas a falar, coida que non te fagan calar.
  • Sementa quen fala e recolle quen cala.
  • Sempre foi o calar máis seguro có falar.
  • Son máis as voces cás noces.
  • Tal palabra che din, tal corazón che poñen.
  • Tras dunha palabra, outra vén.
  • Unha palabra trae outra e, se se entropezan, arman liorta.
  • Unha" palabra tira por outra.
  • Vale máis esbarar co pe que esbarar coa lingua.
  • ¡Benia o romeiro que di ben do compañeiro!
Conxugar
VERBO falar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falo
falas
fala
falamos
falades
falan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falaba
falabas
falaba
falabamos
falabades
falaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falei
falaches
falou
falamos
falastes
falaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falara
falaras
falara
falaramos
falarades
falaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falarei
falarás
falará
falaremos
falaredes
falarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falaría
falarías
falaría
falariamos
falariades
falarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
fale
fales
fale
falemos
faledes
falen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falase
falases
falase
falasemos
falasedes
falasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falar
falares
falar
falarmos
falardes
falaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
fala
-
-
falade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
falar
falares
falar
falarmos
falardes
falaren
Xerundio falando
Participio falado
falada
falados
faladas