agricultura
lat agricultūra
-
s
f
Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.
-
agricultura a tempo parcial
Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.
-
agricultura biolóxica/ecolóxica/orgánica
Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.
-
agricultura de invernadoiro
Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.
-
agricultura de secaño/ preintensiva
Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.
-
agricultura de subsistencia
Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.
-
agricultura extensiva
Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.
-
agricultura intensiva
Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.
Refráns
- A caste da horta sae da corte pola porta.
- A cebada na lameira, o trigo na poeira.
- Agosto pasou: quen mallou, mallou.
- Ano de ameixas, todas son queixas.
- Ano de brevas, nunca acá veñas / nunca o vexas.
- Ano de landeira, ano de laceira.
- Ano de néboas, ano de medas.
- Barbeitar, antes que empece a xear.
- Canto mellor arrendes, mellor colleita terás.
- Cava fondo e terás anada de abondo.
- Cava fondo e terás colleita abondo.
- Cava, labor e barbeito en maio han de estar feitos.
- Cávame tarde, bimame cedo e pagareiche o que che debo -díxolle a viña ao labrego.
- Caves ben ou caves mal, cava no carreiral.
- Caves ben, caves mal, cava ben no carreiral.
- Dáo Deus na eira e tólleo Marta na maseira.
- Decrúame tarde, arréndame cedo e pagareiche o que che debo -dixo na terra o millo.
- Díxolle o millo á terra: Decrúome tarde, arréndame cedo, e pagareiche o que che debo.
- En abril e maio faí fariña para todo o ano.
- Este ir e vir á horta tráeme morta.
- Hoxe bouza e mañá cadaval.
- Labra feita, bois ao monte.
- Maio frío, moito trigo.
- Maio hortelán, moita folla e pouco gran.
- Maio pardo, ano farto.
- Maio pardo, sinal de bo ano.
- Maio un pouco frío cría trigo pero, se é moi frío, nin palla nin trigo.
- Máis eolleita dá o ano có campo ben traballado.
- No marzo abrigo, na eira pantrigo.
- O home, na leira; a muller, na lareira.
- O pan que foi ben sachado enche o hórreo do seu amo.
- O pan raro carga o carro.
- O pe do dono é esterco para a leira.
- O que mal decrúa, na arrenda o súa.
- O queixo hase mercar na queixeira; e o trigo, na eira.
- O queixo, na queixeira; e o centeo, na eira.
- Os campos han de estar brancos polo mes de santos.
- Pan para maio e leña para abril; e o mellor cepón, para marzo o compón.
- Pola santa Mariña deixa a sacha e colle a fouciña.
- Pola santa Mariña dixo a cebola: Báixame a porretiña
- Por Santos sacha a horta e capa o rancho.
- Quen con bois arou moito traballou.
- Se estercas e labras, terás boa anada.
- Vale máis a boa sazón que cavar moito o terrón.