marzo
marzo
lat martiu
s
m
[CRON ]
Terceiro mes do ano. No antigo calendario romano era o primeiro dos meses, consagrado ao deus da guerra, Marte, de quen deriva o seu nome.
Refráns
- Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
- Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo.
- Cando marzo retorce o rabo, non deixa ovella nin pastor sano.
- Cóbregas en marzo, neves en abril.
- Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non vDlvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir.
- En marzo florecen tódolos campos.
- En marzo queima ben a vella o tallo.
- En marzo, abrigo e pantrigo.
- En marzo, espigarzo.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quere viro
- Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil.
- Marzo amola e abril esfola.
- Marzo é a porta e abril trae a chave, se está posta.
- Marzo é enganador: un día malo e outro peor.
- Marzo gabo, cando non recacha o rabo.
- Marzo louco e abril non pouco.
- Marzo marceador: de noite chove e de día vai sol.
- Marzo marceiro: pola mañán cara de can, e pola tarde falangueiro.
- Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas.
- Marzo marzado: cada ovella co seu año.
- Marzo marzán: cara de rosas pola mañán e pola noite cara de can.
- Marzo marzola: trebón e raiola.
- Marzo marzolas: treboadas e raiolas.
- Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán.
- Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso.
- Marzo pardo, pouc"o sol e malo.
- Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.
- Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano.
- Marzo, espigarzo.
- Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
- Nin marzo con flores nin moza sen amores.
- O aire e o sol de marzo queiman as donas no pazo.
- O sol de marzo queima a dona no pazo.
- O sol de marzo queima as donas no seu pazo.
- Polo san Pedro da Cuadre la sae a cóbrega de debaixo da pedra.
- Se en marzo ou abril o cuco non vén, quere vir a fin.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ao cuco lle pasou.
- Se marzo recacha o rabo, non queda ovella nin año.
- Se marzo retorce o rabo, non queda ovella no monte nin no campo.
- Tardes de marzo, recolle o teu gando.
- Vendima no regazo aquel que poda por marzo.