hábito

hábito

lat habĭtu

Plural: hábitos
  1. s m
    1. Modo de actuar ou de comportarse que se adquire pola frecuente repetición dun acto.

    2. Facilidade con que se fai algo debido á práctica e á repetición.

    3. [PSIC ]

      Disposición relativamente estable que tende a reproducir os mesmos actos e que se alcanza pola experiencia.

  2. s m

    estimenta que denota unha profesión ou grao, especialmente as que usan algúns relixiosos.

  3. s m

    Roupa que leva unha persoa por devoción ou por un ofrecemento.

  4. s m [MINERAL ]

    Tendencia dos minerais a presentarse baixo unha determinada forma xeométrica como resultado da súa estrutura interna.

  5. s m [MED ]

    Disposición orgánica como consecuencia dunha acción repetida.

  6. s m [MED ]

    Aspecto externo do enfermo a efectos de diagnóstico.

  7. s m [BOT ]

    Aspecto xeral dunha planta que se percibe na distancia.

Sinónimos

Confrontaciones

dependencia

Citas

  • Cos anos perdeu o hábito do estudio
  • O frade levaba o hábito atado cunha corda, Os da confraría visten hábito nas procesións
  • Ofreceuse a san Lázaro para levar hábito todo o ano
  • Ten o hábito de ir pasear antes de se deitar

Refranes

  • Afíxose o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.
  • Ó cabo do ano ten o mozo as mañas do seu amo.
  • O que colle malas mañas, sempre en malos pasos anda.
  • Pes afeitos a saltar, non saben quedos estar.
  • Vezouse a vella aos grelos e chupou os dedos.
  • Vezouse o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.