costume

costume

lat consuetumĭne, de consuescĕre ‘acostumar’

Plural: costumes
  1. s m

    Práctica dalgunha cousa repetida regularmente, que realiza unha persoa ou un colectivo.

  2. s m
    1. Norma xurídica orixinada polo uso reiterado dun acto, durante un prolongado período de tempo.

    2. Recompilación escrita de costumes xurídicos.

  3. s m [FILOS/SOCIOL ]

    Fundamento, definido por Hume, de todas as inferencias derivadas da experiencia, que non poden ter un carácter racional debido á falta da conexión necesaria que caracteriza todos os razonamentos de feito.

Sinónimos

Confrontaciones

usanza

Citas

  • O horario das comidas é un costume que pode variar en cada pobo
  • Teño o costume de ir ás dez para a cama, Cearmos xuntos na Noiteboa é un costume de toda a miña familia

Frases hechas

  • De costume 1 loc adv De xeito habitual. Ex: Xa est

  • 2 loc adx Que se ten por costume. Ex: Foi cos amigos a xogar o partido de costume.

  • Por costume loc adv Por estar afeito ou por h

Refranes

  • A cada tempo, o seu tento.
  • A mal costume crebarlle a pema ou romperlle a testa.
  • A novo rei, nova lei.
  • A novos tempos, novos consellos.
  • Acá e alá malas fadas hai.
  • Alá coma alá, acá coma acá.
  • Cada casa ten os seus usos.
  • Cada país ten o seu uso e cada roca seu fuso.
  • Cada tempo ten os seus costumes.
  • Como verás, así farás.
  • Como vires, así fai.
  • Costume "boa" ou costume "mala", o vilán quere que valla.
  • Costume malo tarde ou nunca é deixado.
  • Costumes e diñeiro fan os fillos cabaleiros.
  • Deixémo-Ios avós e sexamos nós bos.
  • En cada tempo seu tento.
  • En cada terra seu uso e en cada roca o seu fuso.
  • Mudado o tempo, mudado o pensamento.
  • Na terra onde vivires, fai o que vires.
  • No país a onde fores fai o que vires.
  • O costume de xogar e xurar é malo de deixar.
  • O costume fai lei e mata a lei.
  • O costume largo as dores amaina.
  • O costume ten forza de lei.
  • Ó mal uso créballe a pema.
  • O que adoita bailar, nunca quedo pode estar.
  • Ó que non está afeito ás bragas, as costuras fanlle chagas.
  • O uso novo enterra o vello.
  • Os usos non viñeron todos xuntos.
  • Ser coma o ferreiro de moito estronicio, que de tal machacar esqueceulle o oficio.

Palabras vecinas

costra costrán costro costume costumismo costumista costura