dependencia

dependencia

lat dependentĭa, p pres de dependēre ‘depender’

Plural: dependencias
  1. s f

    Sección ou departamento que depende dunha organización superior.

  2. s f

    Lugar, cuarto ou edificio que forma parte dunha construción maior.

  3. s f [DER ]

    Situación na que se atopa quen traballa por conta doutro e baixo a súa dirección.

  4. s f [ECOL ]

    Relación que mantén un ser vivo cos outros membros da biocenose e cos factores ambientais polos que está condicionado.

  5. s f [ADM ]

    Territorio que depende da administración dun Estado ou doutra división administrativa.

  6. s f [LING ]

    Relación sintagmática fundamental que se crea no discurso entre un elemento x e un elemento y se a elección ou manifestación de y está condicionada pola natureza de x.

  7. s f [MAT ]

    ínculo relacional ou funcional entre dúas variables, de xeito que os valores duns están condicionados polos dos outros.

  8. s f [MED/PSIC ]

    Necesidade de continuar a administración dunha droga cando se adquiriu o hábito.

Citas

  • A empresa ampliou as súas dependencias dentro do edificio
  • A súa dependencia materna tróuxolle moitos problemas cando casou
  • Traballan na mesma empresa e na mesma oficina pero pertencen a distintas dependencias