bico
celt becc ‘pico’
-
m
Acción e efecto de bicar ou bicarse.
-
-
Prolongación da boca das aves formada por dúas pezas córneas.
-
Boca das persoas.
-
-
m
Remate saínte na superficie ou boca de determinados recipientes por onde se verten os líquidos.
-
m
Parte máis elevada ou aguda dalgunha cousa.
-
bico da teta/do peito
Punta redondeada e saínte no peito dos mamíferos.
-
bico de coral
[ANIMAL ]
Ave granívora, da familia dos estríldidos, de cola longa, peteiro vermello e plumaxe raiada, de cor grisalla e acastañada coas meixelas brancas, unha franxa ocular vermella e o ventre carmesí.
Sinónimos
Confrontacións
cima, cume, curuto, mamadeira, queixalCitas
- Bótalle bico ao cocido
- Cando ri torce un pouco o bico
- Deulle un bico na meixela con moito agarimo
- O neno ao mamar mancouna no bico da teta
- O paxaro levaba unha miñoca no bico
- Subiuse ao bico dunha árbore
- Ten unha cicatriz no bico dunha caída en bicicleta cando era unha nena
Frases feitas
-
Pechar o bico. Calar.
-
Bico da escaleira. O chanzo m
-
Bico de espeto. Persoa que s
-
Bico de pucho. Persoa que come pouco.
-
Bico de Xudas. Beixo que se d
-
Non abrir o bico. Non dicir nada, calar.
-
Non hai onde pousar o bico. Apl
-
Querer o bico da ola. Querer o mellor.
-
Ter moito bico. Ter moita labia ou ser falador.
-
Torcer o bico. P
Refráns
- Bicos e apertas non fan meniños, mais tocan a vésperas.
- Boca bicada, muller gañada.
- Non me fagas bicar, se non queres facerme pecar.
- O bo bico fai o neno bonito.
- O que sabe chegar e bicar, non se pode queixar.
- Polo bicar escomeza a moza a esbarar.