barba

barba

lat barba

  1. f

    Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior.

  2. f

    Pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior no home adulto.

  3. f [MAR ]

    Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.

  4. f [ANIMAL ]

    Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.

  5. f

    Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

  6. f
    1. Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.

    2. Acumulación de recubrimentos pictóricos formada tras a moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa.

  7. f [TECNOL ]

    Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.

  8. f [TÉXT ]

    Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.

  9. f
    1. Pelo ou apéndice carnoso que teñen algúns animais.

    2. Cada unha das láminas córneas que os cetáceos misticetos teñen implantadas no padal.

  10. barbas de raposo [PLANTA ]

    gorga.

Sinónimos

Citas

  • A barba da cabra, dun peixe

Refráns

  • A barba do home, se o gaña, tamén o come.
  • Barba a barba, honra se cata.
  • Barba de tres cores, barba de traidores.
  • Barba pon mesa e non pema tesa.
  • Barba remollada, medio rapada.
  • Barba ruiba, vento anuncia.
  • Barbas que son parellas non gardan ben as ovellas.
  • De tal barba, tal maña.
  • Dúas barbas parellas mal gardan ovellas.
  • Home barbudo, home forzudo.
  • Home de barba roiba, cargue con el quen queira e quen poida.
  • O forzudo ten que ser barbudo.
  • Para ser forzudo, hai que ser barbudo.
  • Se sae con barbas, san Antón e, se non, a Purísima Concepción.
  • ¡Deus me garde de home mal barbado e de lobo esfameado!
  • ¡Deus te garde do mozo, cando lle apunta o bozo!