cima

cima

lat cyma gr κ ῦ μα ‘onda, brote’

Plural: cimas
  1. s
    1. Parte máis elevada dunha cousa.

    2. Parte ou grao de maior elevación dalgunha cousa.

    3. Situación de maior importancia ou grandeza dunha cousa que se indica.

    1. s

      Moldura de dobre curva.

    2. cima recta

      Cima que ten a parte superior cóncava e a inferior convexa.

    3. cima reversa

      Cima que ten a parte superior convexa e a inferior cóncava.

    1. s

      Inflorescencia definida na que o eixe principal ten crecemento limitado e remata nunha flor.

    2. cima bípara

      dicasio.

    3. cima helicoide

      Monocasio no que as pólas sucesivas arrancan alternativamente dun lado e do outro.

    4. cima multípara

      pleocasio.

    5. cima unípara

      monocasio.

Sinónimos

Citas

  • A cegoña construíu o niño na cima dunha torre
  • Descansamos ao chegar á cima do outeiro
  • O tenor acadou neste teatro a cima da súa carreira
  • O xerente é a cima da xerarquía da empresa

Frases feitas

  • Cima de loc prep Enriba de. Ex: Coll

  • Cima do leite. Tona que se forma na superficie do leite.