cume

cume

lat culmĭne

Plural: cumes
  1. s m

    Parte máis alta dun monte.

  2. s m
    1. Parte máis elevada do tellado dunha construción onde se xuntan as vertentes.

    2. Trabe lonxitudinal situada na parte máis alta do teito ou da armazón dun tellado con dúas vertentes.

  3. s m

    Momento de máxima intensidade ou importancia dunha cousa.

Sinónimos

Citas

  • A obtención da cátedra foi o cume da súa carreira profesional
  • Andou retellando o cume para que non chova dentro da casa
  • Fixeron o niño no cume da árbore, Está a rematar de construír o cume do forno
  • O cume dos Pireneos estaba nevado
  • Ten que subir ao cume da casa para arranxar a tella
  • Todas as trabes do tellado van dar ao cume

Palabras veciñas

cumarina cumarú cumbia cume cumeno cumia cumial