dobrar

dobrar

lat tardío dŭplare

  1. v t

    Facer que algo aumente ata o dobre.

  2. v t

    Ser o dobre de algo.

  3. v t
    1. Facer que unha parte de algo flexible quede sobre outra.

    2. Torcer unha cousa poñéndoa curva.

  4. v t
    1. Substituír, nunha película, a voz orixinal dun actor pola doutro.

    2. Traducir alguén os diálogos dunha película a outra lingua diferente da orixinal.

  5. v t [ESPECT ]

    Interpretar un mesmo actor varios personaxes nunha obra teatral.

  6. v t [MÚS ]

    Realizar unha mesma gravación dúas veces en distintas pistas de son.

  7. v t [DEP ]

    Adquirir un corredor unha ou máis voltas de vantaxe sobre outro participante nas carreiras celebradas en pista ou circuíto.

  8. v t
    1. Cambiar de dirección, algo ou alguén, normalmente pasando ao outro lado do lugar indicado.

    2. [MAR ]

      Pasar, unha embarcación, por diante dun cabo, dun promontorio e poñerse do outro lado.

  9. v t

    Torcer unha cousa, facendo que perda a súa verticalidade. Tm v pron.

  10. v t

    Facer que alguén ceda.

  11. v i

    Adquirir forma curva.

  12. v i

    Tomar algo ou alguén distinta dirección.

  13. v i

    Tocar as campás a morto.

  14. v pron

    Ceder ou someterse ante algo ou alguén.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

curvar, empenar, inclinar, torcer

Citas

  • A chegada do novo mestre dobrou o interese dos alumnos
  • A suba da bolsa fixo que dobrase os beneficios
  • Cando chegues á praza dobra á dereita
  • Cando ten unha opinión custa moito traballo dobralo
  • Dobrou a roupa do revés
  • Dobrouse para pasar por debaixo da trabe
  • Eles eran moitos, pero nós dobrabámolos, Dóbralle a idade ao seu fillo
  • O vento dobrou o millo
  • Os sinos dobraban polo defunto
  • Os vasalos dobráronse ante as esixencias do señor
  • Para saír da vila tes que dobrar a esquina e seguir recto
  • Unha máquina especial dobraba o metal
  • Unha vez que dobra unha táboa xa non se consegue poñela recta
Conxugar
VERBO dobrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobro
dobras
dobra
dobramos
dobrades
dobran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobraba
dobrabas
dobraba
dobrabamos
dobrabades
dobraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrei
dobraches
dobrou
dobramos
dobrastes
dobraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrara
dobraras
dobrara
dobraramos
dobrarades
dobraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrarei
dobrarás
dobrará
dobraremos
dobraredes
dobrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobraría
dobrarías
dobraría
dobrariamos
dobrariades
dobrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobre
dobres
dobre
dobremos
dobredes
dobren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrase
dobrases
dobrase
dobrasemos
dobrasedes
dobrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dobra
-
-
dobrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren
Xerundio dobrando
Participio dobrado
dobrada
dobrados
dobradas