dobrar
lat tardío dŭplare
-
v t
Facer que algo aumente ata o dobre.
-
v t
Ser o dobre de algo.
-
v t
-
Facer que unha parte de algo flexible quede sobre outra.
-
Torcer unha cousa poñéndoa curva.
-
-
v t
-
Substituír, nunha película, a voz orixinal dun actor pola doutro.
-
Traducir alguén os diálogos dunha película a outra lingua diferente da orixinal.
-
-
v t
[ESPECT ]
Interpretar un mesmo actor varios personaxes nunha obra teatral.
-
v t
[MÚS ]
Realizar unha mesma gravación dúas veces en distintas pistas de son.
-
v t
[DEP ]
Adquirir un corredor unha ou máis voltas de vantaxe sobre outro participante nas carreiras celebradas en pista ou circuíto.
-
v t
-
Cambiar de dirección, algo ou alguén, normalmente pasando ao outro lado do lugar indicado.
-
[MAR ]
Pasar, unha embarcación, por diante dun cabo, dun promontorio e poñerse do outro lado.
-
-
v t
Torcer unha cousa, facendo que perda a súa verticalidade. Tm v pron.
-
v t
Facer que alguén ceda.
-
v i
Adquirir forma curva.
-
v i
Tomar algo ou alguén distinta dirección.
-
v i
Tocar as campás a morto.
-
v pron
Ceder ou someterse ante algo ou alguén.
Sinónimos
Antónimos
Confrontaciones
curvar, empenar, inclinar, torcerCitas
- A chegada do novo mestre dobrou o interese dos alumnos
- A suba da bolsa fixo que dobrase os beneficios
- Cando chegues á praza dobra á dereita
- Cando ten unha opinión custa moito traballo dobralo
- Dobrou a roupa do revés
- Dobrouse para pasar por debaixo da trabe
- Eles eran moitos, pero nós dobrabámolos, Dóbralle a idade ao seu fillo
- O vento dobrou o millo
- Os sinos dobraban polo defunto
- Os vasalos dobráronse ante as esixencias do señor
- Para saír da vila tes que dobrar a esquina e seguir recto
- Unha máquina especial dobraba o metal
- Unha vez que dobra unha táboa xa non se consegue poñela recta
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobro
dobras
dobra
dobramos
dobrades
dobran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobraba
dobrabas
dobraba
dobrabamos
dobrabades
dobraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrei
dobraches
dobrou
dobramos
dobrastes
dobraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrara
dobraras
dobrara
dobraramos
dobrarades
dobraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrarei
dobrarás
dobrará
dobraremos
dobraredes
dobrarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobraría
dobrarías
dobraría
dobrariamos
dobrariades
dobrarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobre
dobres
dobre
dobremos
dobredes
dobren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrase
dobrases
dobrase
dobrasemos
dobrasedes
dobrasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
dobra
-
-
dobrade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles dobrar
dobrares
dobrar
dobrarmos
dobrardes
dobraren
dobrada
dobrados
dobradas