dobre
lat dŭple, adv de dŭplus
-
adx
-
Que é dúas veces maior en número ou intensidade.
-
Que contén dúas veces a medida normal.
-
Que ten capacidade para dúas persoas.
-
-
-
adx
Que está formado por dúas cousas iguais ou da mesma especie.
-
adx
[XOGO ]
Aplícase á ficha, no xogo do dominó, que ten o mesmo número de puntos en cada un dos lados en que se divide o anverso. Tm s m.
-
adx
[QUÍM ]
Aplícase ao composto, ao sal, ao óxido ou ao hidróxido, que se compoñen de dous metais ou radicais diferentes.
-
dobre articulación
[LING ]
Característica da linguaxe humana de dividirse en unidades cada vez máis elementais.
-
dobre páxina
[COMUN ]
Formato publicitario que se emprega en medios impresos que consiste na utilización de dúas páxinas consecutivas para anunciar un determinado produto ou servizo.
-
adx
-
adx
Que ten dous aspectos dos que só se amosa un.
-
adx
Que é máis forte, robusto ou groso que de costume.
-
s
m
-
Magnitude que equivale a dúas veces outra.
-
Cantidade igual a dúas veces a medida normal.
-
-
s
-
Persoa moi semellante a outra, coa que pode chegar a confundirse.
-
Persoa que, nunha obra teatral ou nunha película, substitúe a outra máis coñecida na realización de escenas conflitivas ou que implican algunha dificultade ou risco físico especiais.
-
-
s
m pl
[DEP ]
Partido, no tenis e noutros deportes, entre catro xogadores, divididos en dúas parellas, que poden ser mixtas ou non.
-
s
m pl
[DEP ]
Infracción que comete o xogador de baloncesto ou de balonmán cando fai botar o balón por segunda vez despois de recibilo xa coas mans.
-
s
m
[LIT ]
Procedemento retórico característico da poesía trobadoresca galego-portuguesa que se fundamenta nos principios da simetría e sistematicidade.
-
dobre barra
[MÚS ]
Liñas verticais que atravesan o pentagrama ou os pentagramas superpostos e que sinalan unha sección da peza.
-
-
dobre corda
Execución simultánea de dúas notas sobre dúas cordas distintas nos instrumentos de arco.
-
dobres cordas
Feito de pisar dúas, tres ou catro cordas ao mesmo tempo para conseguir dous, tres ou catro sons simultáneos nos instrumentos de arco.
-
dobre corda
-
dobre enunciación
[ESPECT/LIT ]
Presuposto básico da comunicación teatral que alude aos dous tipos de discurso que conviven nunha obra, o do escritor, presente en todos os diálogos e anotacións, que ten como destinatario o público, e os parlamentos que os personaxes se dirixen entre si.
-
dobre focalización
[LIT ]
Expresión proposta por Gerald Prince en 1988 para referirse ao procedemento literario que consiste en presentar un mesmo feito desde dous puntos de vista diferentes de forma simultánea.
-
dobre lectura
[LIT ]
Estratexia tipográfica que posibilita ler un mesmo texto de varias formas diferentes, segundo se inclúa ou non na lectura a información que se distribúe entre parénteses, barras oblicuas ou mesmo riscadas.
-
dobre sentido
[LIT ]
Recurso lingüístico que consiste no emprego dunha palabra ou dunha expresión con dous significados diferentes, de xeito que a súa interpretación sexa ambigua.
Citas
- A nova estrada de circunvalación terá dobre carril
- Almorzou un café dobre
- Botou o catro dobre e gañou a partida, Pechou cun dobre
- Dezaseis é o dobre de oito
- Éche un home alto e dobre, Para atalo cómprenos un cordel dobre
- Necesita unha corda de dobre tamaño
- Os seus problemas derivan da súa dobre personalidade
- Querían un cuarto dobre, pero só quedaban individuais
- Tomarei un dobre de coñac
- Usa unha linguaxe chea de dobres sentidos
- Vimos unha moza que era o dobre da túa irmá