inclinar

inclinar

lat inclināre

  1. v t

    Desviar algo da posición vertical ou horizontal. Tm v pron.

  2. v t

    Influír sobre alguén para que faga ou decida algo que dubida.

  3. v i

    Perder a posición vertical ou horizontal.

  4. v pron

    Mover o corpo ou a cabeza cara a adiante.

  5. v pron

    Tender a pensar, facer ou sentir algo.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

dobrar, torcer

Citas

  • Inclina un pouco o flexo sobre o libro, Inclinou o camelio ao apoiarse
  • Inclinouse por mercar unha saia en vez dun pantalón, Non sabe cara a onde se inclinará o seu voto
  • Inclinouse un pouco cara á dereita para coller o papel, Inclinouse para saudala
  • Non te inclines ás súas presións, Inclinouse diante das evidencias
  • O barco inclinaba coa corrente
  • O trigo inclinábase coa brisa
  • Temían que a depresión o inclinase a facer calquera toleada
Conxugar
VERBO inclinar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclino
inclinas
inclina
inclinamos
inclinades
inclinan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinaba
inclinabas
inclinaba
inclinabamos
inclinabades
inclinaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinei
inclinaches
inclinou
inclinamos
inclinastes
inclinaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinara
inclinaras
inclinara
inclinaramos
inclinarades
inclinaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinarei
inclinarás
inclinará
inclinaremos
inclinaredes
inclinarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinaría
inclinarías
inclinaría
inclinariamos
inclinariades
inclinarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
incline
inclines
incline
inclinemos
inclinedes
inclinen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinase
inclinases
inclinase
inclinasemos
inclinasedes
inclinasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinar
inclinares
inclinar
inclinarmos
inclinardes
inclinaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
inclina
-
-
inclinade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
inclinar
inclinares
inclinar
inclinarmos
inclinardes
inclinaren
Xerundio inclinando
Participio inclinado
inclinada
inclinados
inclinadas