deseño

deseño

ital disegno

Plural: deseños
  1. s m

    Representación gráfica dun obxecto anterior á súa realización, normalmente feita mediante liñas e cun fin artístico ou comercial.

  2. s m

    Programación ideal ou descrición verbal dunha cousa.

  3. deseño animado [IMAX ]

    Película realizada coa filmación e proxección de representacións gráficas.

  4. deseño curricular [EDUC ]

    Proxecto que recolle as intencións e o plan de acción dun determinado currículo, programa escolar completo, ou o esquema específico dunha determinada acción didáctica.

  5. deseño por ordenador [INFORM ]

    Sistema de deseño para produtos ou instalacións industriais que se basea no perfeccionamento dunha primeira forma elemental por medio dun sistema interactivo de natureza informática.

  6. deseño trocado [ARTE ]

    Deseño realizado por elementos idénticos entrelazados que se diferencian pola cor ou textura diferentes.

Confrontacións

debuxo, esbozo, proxecto

Citas

  • Faremos un deseño dos actos para o próximo curso, O partido realizou un deseño dos plans da súa política interior
  • Fixo un deseño moi orixinal para a portada do disco
  • O deseño deste vestido é totalmente anovador