esbozo

esbozo

ital sbozzo

Plural: esbozos
  1. s m
    1. Primeira forma imperfecta dunha composición artística.

    2. [ARTE ]

      Debuxo elemental cos trazos esenciais dunha composición artística.

  2. s m

    Exposición das liñas básicas dunha idea ou proxecto.

  3. s m [LIT ]

    Breve composición escrita, xeralmente en prosa, que recolle situacións concretas ou trazos particulares dos personaxes.

  4. s m [XEOG ]

    Representación cartográfica bidimensional rudimentaria, na que non se ten en conta a escala nin as coordenadas ou puntos cardinais.

    1. s

      Tecido, órgano ou aparato do embrión que aínda non chegou a ter a estrutura ou forma definitiva.

    2. esbozo embrionario/organoxenético

      Grupo de células, separadas das outras células do embrión, que comeza o desenvolvemento dun órgano.

Sinónimos

Formas incorrectas

croquis