deseño
deseño
ital disegno
-
s
m
Representación gráfica dun obxecto anterior á súa realización, normalmente feita mediante liñas e cun fin artístico ou comercial.
-
s
m
Programación ideal ou descrición verbal dunha cousa.
-
deseño animado
[IMAX ]
Película realizada coa filmación e proxección de representacións gráficas.
-
deseño curricular
[EDUC ]
Proxecto que recolle as intencións e o plan de acción dun determinado currículo, programa escolar completo, ou o esquema específico dunha determinada acción didáctica.
-
deseño por ordenador
[INFORM ]
Sistema de deseño para produtos ou instalacións industriais que se basea no perfeccionamento dunha primeira forma elemental por medio dun sistema interactivo de natureza informática.
-
deseño trocado
[ARTE ]
Deseño realizado por elementos idénticos entrelazados que se diferencian pola cor ou textura diferentes.
Confrontaciones
debuxo, esbozo, proxectoCitas
- Faremos un deseño dos actos para o próximo curso, O partido realizou un deseño dos plans da súa política interior
- Fixo un deseño moi orixinal para a portada do disco
- O deseño deste vestido é totalmente anovador