debuxo

debuxo

debuxar

Plural: debuxos
  1. s m

    Representación gráfica de algo.

    1. s

      Arte de facer un debuxo.

    2. debuxo artístico

      Sistema de representación plástica baseado na copia de obras de arte ou na reprodución en perspectiva e sombreado de obxectos ou conxuntos reais.

    3. debuxo do natural

      Debuxo realizado diante do modelo que se quere debuxar.

    4. debuxo lineal

      Sistema de debuxo que se emprega para a representación, xeralmente a escala, de planos, seccións, alzados, plantas ou esquemas.

    1. s [ARTE ]

      Conxunto de formas representadas sobre unha superficie mediante liñas ou manchas, normalmente dunha soa cor.

    2. s [IMAX ]

      Imaxe que se obtén a partir dunha fotografía repasando a figura con tinta chinesa e borrándoa fotograficamente, que ten unha grande aplicación no campo da publicidade e na confección de pósters e de carteis para o cine.

    3. debuxos animados [IMAX ]

      Xénero cinematográfico baseado tecnicamente na representación de debuxos que, ao ser proxectados nunha serie de instantáneas cun movemento continuado, parece que teñen vida.

  2. s m

    Figura ou conxunto de figuras formada polo tecido duns encaixes, o ornamento dunha tea, os ferros dunha reixa ou calquera outra cousa.

  3. s m [MÚS ]

    Plano dunha obra musical ou dunha liña melódica calquera.

Citas

  • Cos debuxos gañadores realizouse unha exposición
  • Puxéronlle unha mala nota na materia de debuxo