corromper

corromper

lat corrumpĕre

  1. v t

    Alterar unha substancia facendo que se volva putrescente e insalubre.

  2. v t

    Desviar a alguén da rectitude e do deber moral.

  3. v t

    Alterar unha persoa as características propias dalgunha cousa.

  4. v t

    Inducir a un xuíz ou a outra autoridade pública a actuar contra a legalidade.

  5. v pron

    Estragarse algo ata podrecer.

  6. v pron

    Separarse dos principios morais.

  7. v pron

    Comportarse de maneira ilícita por diñeiro.

  8. v pron

    Alterar algunha cousa, especialmente unha lingua, a súa forma orixinal.

Sinónimos

Confrontacións

subornar

Citas

  • A auga encorada demasiado tempo corrómpese e perde a súa potabilidade
  • A calor corrompe o peixe se non está na neveira
  • A carne corrómpese máis axiña no verán ca no inverno
  • Corromper a un xuíz con cartos é o delicto máis obsceno que pode acontecer nun estado de dereito
  • Corrompeuse desde que anda coas novas amizades
  • Está no cárcere porque corrompeu a un menor
  • O latín corrompeuse e deu lugar ás distintas linguas romances
  • Os copistas medievais corromperon os antigos textos
  • Os funcionarios corrompéronse por catro pesos
  • Os gases contaminantes corrompen a atmosfera
  • Os novos costumes corrompen a xente
Conxugar
VERBO corromper
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompo
corrompes
corrompe
corrompemos
corrompedes
corrompen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompía
corrompías
corrompía
corrompiamos
corrompiades
corrompían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompín
corrompiches
corrompeu
corrompemos
corrompestes
corromperon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompera
corromperas
corrompera
corromperamos
corromperades
corromperan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corromperei
corromperás
corromperá
corromperemos
corromperedes
corromperán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompería
corromperías
corrompería
corromperiamos
corromperiades
corromperían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompa
corrompas
corrompa
corrompamos
corrompades
corrompan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corrompese
corrompeses
corrompese
corrompesemos
corrompesedes
corrompesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corromper
corromperes
corromper
corrompermos
corromperdes
corromperen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
corrompe
-
-
corrompede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
corromper
corromperes
corromper
corrompermos
corromperdes
corromperen
Xerundio corrompendo
Participio corrompido
corrompida
corrompidos
corrompidas