perder

perder

lat perdĕre

  1. v t

    Deixar de ter algo.

  2. v t

    Deixar de ter algunha cousa por non saber onde se atopa.

  3. v t

    Quedar sen alguén a causa da morte ou doutro motivo.

  4. v t

    Non sacar proveito dalgunha cousa.

  5. v t

    Non conseguir ou non tomar partido dalgunha cousa por non chegar a tempo.

  6. v t

    Deixar sen a boa reputación a alguén. Tm v pron.

  7. v t

    erter un recipiente, xeralmente por estar furado, o contido que ten dentro. Tm abs.

  8. v t

    Chegar ao final dalgunha competición sen vantaxe sobre o contrario. Tm abs.

  9. v i

    Empeorar o aspecto ou a situación dunha persoa.

  10. v pron

    Deixar de existir ou de manifestarse algunha cousa.

  11. v pron

    Non atopar a ruta ou camiño axeitado.

  12. v pron

    Ir dar a un sitio que se descoñece.

  13. v pron

    Estragarse un alimento e non ser apto para o consumo.

  14. v pron

    Distraerse alguén.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A meniña perdeuse na festa, Perdinme no ramal da dereita
  • A miña nai perdeu a seu pai na guerra, Perdeu o fillo que esperaba
  • As maletas perdéronse e non chegaron a Santiago
  • Co tempo perdeuse o uso do carro para os labores do campo
  • Como cheguei tarde perdín o primeiro gol, Perdín o barco e tiven que esperar o seguinte
  • Con tanta calor perdeuse toda a froita, Perdeuse toda a colleita de uva deste ano
  • Esa xerra perde o viño todo, A roda perde aire, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, O barril perde
  • Ese rapaz moito perdeu desde que era novo, Co cambio de traballo saíu perdendo, O programa perdeu moito cando cambiaron de presentadora
  • O seu aroma perdíase no aire, Co temporal perdíase seguido a comunicación co barco
  • Perderon o partido, Perdemos unha batalla, pero non a guerra, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Onte perdín toda a noite
  • Perdeu moitos cartos xogando no bingo, Perdeu o respecto que tiña por seus pais, Por non ser sincero, perdeu un amigo
  • Perdeuno a bebida
  • Perdeuse por culpa do alcohol
  • Perdín a carteira e non sei onde o puxen
  • Perdinme cando o relator comezou a dar datos estatísticos, Perdeuse na lectura e comezou de novo
  • Vaite, non perdas máis o tempo!

Frases feitas

  • 2 Quedar algu

  • Botar(se) a perder 1 Estragarse ou derramarse algo

  • Non perder de vista 1 Vixiar con moita atenci

  • . Ex: As peras bot

  • 2 Perder o contacto con. Ex: Perd

  • 2 Ter en conta. Ex: Non se pode perder de vista que foi el quen iniciou a investigaci

  • Perder a conta. Deixar de saber cantos son. Ex: Xa perd

  • Perder a mitra. Perder moito di

  • Perder de vista 1 Deixar de ver. Ex: Perd

  • Perder o coiro e mais a polpa. Perder todo o proveito dun negocio.

  • Perder os ollos. Arruinarse completamente.

  • Perder os tentos. Entumecerse os dedos co fr

Conxugar
VERBO perder
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdo
perdes
perde
perdemos
perdedes
perden
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdía
perdías
perdía
perdiamos
perdiades
perdían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdín
perdiches
perdeu
perdemos
perdestes
perderon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdera
perderas
perdera
perderamos
perderades
perderan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perderei
perderás
perderá
perderemos
perderedes
perderán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdería
perderías
perdería
perderiamos
perderiades
perderían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perda
perdas
perda
perdamos
perdades
perdan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perdese
perdeses
perdese
perdesemos
perdesedes
perdesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perder
perderes
perder
perdermos
perderdes
perderen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
perde
-
-
perdede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
perder
perderes
perder
perdermos
perderdes
perderen
Xerundio perdendo
Participio perdido
perdida
perdidos
perdidas