"Lexis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 65.

    1. Que obra ou ten o poder de obrar.

    2. Que implica acción.

    3. Que realiza con dilixencia as súas actividades.

      1. Aplícase aos circuítos ou elementos que conteñen fontes de enerxía.

      2. Aplícase á magnitude que, nunha corrente alterna, representa unha certa enerxía real.

    4. Que se atopa en estado de exercer algunha acción física ou química.

    5. radioactivo.

    6. Aplícase ás formas verbais nas que o suxeito realiza a acción que representa o verbo.

    7. Aplícase ás substancias que presentan actividade óptica.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de autorizar.

    2. Documento onde se autoriza algo ou a alguén.

      1. Acto polo que unha autoridade administrativa, lexislativa ou xudicial autoriza a outra autoridade, a un funcionario que dela dependa ou a un particular, o exercicio de determinados dereitos.

      2. Permiso do xuíz, ditado para suplir a negativa que unha persoa puidera dar a outra, para que esta realice uns determinados actos de disposición sobre bens ou dereitos propios.

    3. Intervención dun notario nun outorgamento do acto xurídico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político no que o poder lexislativo se divide en dúas cámaras ou asembleas parlamentarias diferenciadas sobre todo pola forma de recrutamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

      2. Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

      1. Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

      2. Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

      3. Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

      4. Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

      5. Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

      6. Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

      2. Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

      3. Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

      4. Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

      5. Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

      1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

      2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a un cabido secular ou eclesiástico ou ao capítulo dunha orde.

      2. Lugar de reunión da comunidade de relixiosos nos mosteiros ou dos cóengos nas catedrais.

      1. Membro dun capítulo eclesiástico.

      2. Membro con voto dalgúns organismos.

    1. Precepto legal procedente dos soberanos carolinxios e das súas asembleas lexislativas, con vigor en todo o Imperio.

    2. Aplícase á letra maiúscula, impresa ou manuscrita, empregada como inicial da primeira palabra dun texto, libro, capítulo ou parágrafo. Tm s f.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento reformista inglés promovido polas clases populares entre 1837 e 1848, apoiadas pola Asociación de Traballadores de Londres. En 1838 presentaron no parlamento a People’s Charter que reclamaba o sufraxio universal, o voto secreto e a limitacion das lexislaturas a un ano, pero o Parlamento nunca as aprobou.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente.

      2. Ordenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares.

      3. Ordenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil.

      4. Ordenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas.

      5. Corpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército.

      6. Texto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza, que está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal.

      1. Conxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código.

      2. Conxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de compilar.

    2. Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos.

    3. Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.

    2. Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.

      1. Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.

      2. Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.

    3. Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.

    4. Acumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.

    5. Fenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.

    6. Acumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.

    7. Proceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO