código

código

lat v *codĭcu, derivado regresivo de lat codĭculu ‘codicilo’

Plural: códigos
    1. s

      Recompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente.

    2. código civil

      Ordenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares.

    3. código de comercio

      Ordenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil.

    4. código penal

      Ordenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas.

    5. código penal militar

      Corpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército.

    6. código procesal

      Texto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza, que está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal.

    1. s

      Conxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código.

    2. código alimentario / [ALIM/DER ]

      Conxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos.

    1. s

      Sistema de signos que permite crear e descifrar mensaxes e regras que serven para combinalos.

    2. s

      Signo ou conxunto de signos que teñen un valor concreto dentro dun código determinado.

    3. código alfabético internacional

      Conxunto de palabras convencionais utilizadas internacionalmente para identificar con facilidade a letra pola que comezan, na transmisión de mensaxes telefónicas ou radiofónicas.

    4. código de barras

      Conxunto de barras de diferentes grosores que forman un rectángulo impreso sobre os produtos que se venden e que se pode traducir mediante un lector de raios láser.

    5. código de cores / [FÍS/TECNOL ]

      Código que se emprega para indicar valores numéricos sobre resistencias e condensadores, e que consiste nunhas marcas de cores (raias ou puntos) en número de 3 a 5.

    6. código numérico

      Código en que o xogo resultante só contén cifras.

    7. código postal

      Número de cinco cifras que permite identificar a zona de repartición do correo.

    8. código telegráfico [COMUN ]

      Código que se emprega para a transmisión telegráfica de mensaxes, como o código ou alfabeto Morse internacional.

  1. s m
    1. Sistema formal de comunicación que comparten os participantes.

    2. Calquera sistema de signos que se usa para enviar mensaxes, a miúdo de forma secreta.

    1. s

      Correspondencia entre os caracteres dun xogo (denominado xogo de orixe) e os caracteres doutro (denominado xogo resultante), de acordo cun conxunto de convencións denominadas regras de codificación.

    2. s

      Sistema de caracteres utilizado por esta codificación.

    3. código alfabético

      Código en que o xogo resultante só contén letras.

    4. código alfanumérico

      Código en que o xogo resultante contén letras e cifras.

    5. código binario

      Código que se basea en dous valores (0 e 1) que constitúe o elemento esencial da informática tal e como se coñece.

    6. código réflex

      Código de distancia unidade, binario, construído a partir do código de distancia unidade de dous bits.

  2. código xenético [XEN ]

    Información xenética contida na secuencia de bases da cadea do ácido nucleico. Cada triplete ou codón está constituído por tres bases consecutivas e codifica un aminoácido.

Sinónimos

Citas

  • O código de sinais que creamos para o xogo era moi productivo
  • Para aprobares o exame teórico de tráfico tes que saber o código de circulación
  • Todos os números de teléfono comezan polo código territorial