capitular

capitular

capítulo

Plural: capitulares
    1. adx

      Relativo ou pertencente a un cabido secular ou eclesiástico ou ao capítulo dunha orde.

    2. sala capitular

      Lugar de reunión da comunidade de relixiosos nos mosteiros ou dos cóengos nas catedrais.

  1. s m
    1. Membro dun capítulo eclesiástico.

    2. Membro con voto dalgúns organismos.

  2. s f [HIST ]

    Precepto legal procedente dos soberanos carolinxios e das súas asembleas lexislativas, con vigor en todo o Imperio.

  3. adx [GRÁF ]

    Aplícase á letra maiúscula, impresa ou manuscrita, empregada como inicial da primeira palabra dun texto, libro, capítulo ou parágrafo. Tm s f.

Sinónimos

Citas

  • A reunión do cabido celebrouse na sala capitular da catedral
  • Disposicións capitulares