concentración
concentrar
-
s
f
Acción e efecto de concentrar ou concentrarse.
-
s
f
Agrupamento de persoas nun lugar coa finalidade de manifestarse.
-
s
f
-
Proceso mediante o que se incrementa a cantidade dunha substancia que existe nun volume de espazo.
-
Cantidade dunha substancia nunha unidade de mestura, solución ou mineral que a contén.
-
-
s
f
[XEOG ]
Proporción, en relación co espazo circundante, dun fenómeno determinado e cuantificable rexistrado nun territorio concreto.
-
concentración biolóxica
[ECOL ]
Acumulación nun organismo vivo ou na cadea trófica de concentracións elevadas dun composto químico que está presente no medio dunha concentración relativamente baixa.
-
concentración de capital
[ECON ]
Fenómeno característico do capitalismo que define unha das súas primeiras etapas de desenvolvemento, iniciada na Idade Media.
-
concentración de poderes
[POLÍT ]
Acumulación dos tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial) nun poder único, propia de réximes totalitarios.
-
concentración empresarial
[ECON ]
Proceso xurídico a través do que se fusionan as actividades de dúas ou máis empresas, con perda da personalidade xurídica dalgunha delas.
-
concentración escolar
[EDUC ]
Entidade educativa que reúne diversas unidades escolares dispersas co obxectivo de completar a educación obrigatoria.
-
concentración industrial
[ECON ]
Agrupamento nun mesmo establecemento dos diferentes procesos de fabricación.
-
concentración límite/permisible
[ECOL ]
Cantidade máxima dun contaminante que pode tolerar un organismo sen que lle resulte nocivo.
-
concentración migratoria
[ECOL ]
Concentración nunha área concreta de gran variedade de especies migratorias como resultado da confluencia de direccións migratorias distintas.
-
concentración mínima inhibitoria
[MICROB ]
Concentración mínima de antibiótico necesaria para frear o crecemento dun cultivo bacteriano.
-
concentración parcelaria
[XEOG ]
Instrumento de reforma agraria técnica, consistente en agrupar no menor número posible de parcelas todas as propiedades rústicas que posúe un propietario nun territorio concreto.
Antónimos
Citas
- A concentración de tantos cartos nunha soa conta puxo en alerta á policía xudicial
- A concentración dos traballadores rematou de forma violenta
- Para realizar ben este traballo é necesario un alto grao de concentración
- Produciuse unha concentración de forzas na capital fieis ao presidente