cámara

cámara

lat v camăra lat camĕra gr καμάρα ‘bóveda’

Plural: cámaras
  1. s f
    1. Compartimento dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.

    2. [ARQUIT ]

      Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.

    1. s

      Recinto ou oco que realiza unha función determinada.

    2. cámara acoirazada

      Local provisto de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte.

    3. cámara de aire

      Espazo oco no interior dos muros que serve de illamento.

    4. cámara de gas

      Local hermeticamente fechado onde se inxectan gases tóxicos para asfixiar persoas ou animais.

    5. cámara frigorífica

      Compartimento de paredes termicamente illadas, mantido a baixa temperatura por medio dunha máquina frigorífica.

    6. cámara mortuoria

      Sala na que se vela o corpo dun defunto antes do enterro.

  2. s f [TECNOL ]

    Compartimento dun instrumento no que ten lugar algún proceso químico, eléctrico ou doutro tipo, ou no que se gardan gases ou circuítos.

    1. s

      Aparato que rexistra imaxes que logo se reproducen nun soporte visual ou impreso.

    2. cámara cinematográfica

      Cámara que permite rexistrar as imaxes dun obxecto en movemento sobre un soporte sensible.

    3. cámara de televisión

      Cámara que converte as imaxes luminosas en sinais eléctricos co fin de podelas transmitir a distancia.

    4. cámara de vídeo

      Cámara de televisión portátil e autónoma que leva incorporado un magnetoscopio.

    5. cámara dixital

      Cámara que toma imaxes fixas ou en movemento cun dispositivo dixital e que as transmite directamente a un ordenador ou as grava nun disco sen empregar película fotográfica.

    6. cámara escura

      Cámara fechada á luz cun buraco polo que entran os raios de luz que determinan unha imaxe que se recolle na superficie interior da parede oposta.

    7. cámara fotográfica

      Cámara que permite gravar a imaxe dun obxecto sobre un soporte sensible que, unha vez impresionada rexistra esa imaxe.

    1. s

      Órgano político deliberativo con facultades lexislativas ou consultivas, propio dos estados con sistema representativo.

    2. s

      Órgano deliberativo que se creou como xunta restritiva dos consellos supremos da monarquía hispánica dos Austrias e perdurou ata o s XIX.

    3. cámara municipal

      Órgano de goberno dun concello.

    1. s

      Entidade ou organismo, de carácter oficial ou privado, que agrupa individuos ou entidades dedicadas á mesma actividade económica e que ten como finalidade a prestación duns servizos determinados e a defensa dos seus intereses.

    2. cámara agraria

      Corporación de dereito público, creada por lei do Parlamento de Galicia, que ten como finalidade actuar como entidade de consulta e de colaboración coa administración autonómica en materias de interese agrario.

    3. cámara da propiedade

      Asociación de propietarios que ten por función fomentar e defender os intereses da propiedade urbana.

    4. cámara de comercio

      Asociación que agrupa aos comerciantes e aos industriais e navieiros para a defensa e promoción dos seus intereses.

    1. s

      Cavidade dun organismo animal ou vexetal onde ten lugar algún proceso fisiolóxico.

    2. cámara acuosa

      Cavidade anterior do ollo que contén o humor acuoso.

    3. cámara aerífera

      Espazo intercelular existente entre as células dalgunhas plantas.

    4. cámara aerífera

      Cela que hai na superficie dalgunhas hepáticas talosas.

    5. cámara subestomática/pneumatófora

      Cavidade subepidérmica situada detrás do poro do estoma.

    6. cámara vítrea

      Cavidade posterior do ollo que contén o humor vítreo.

    1. s

      Detector de radiacións ionizantes, xa sexan partículas cargadas electricamente ou neutras.

    2. cámara de ionización

      Detector de partículas cargadas constituída por dous electrodos sometidos a unha diferenza de potencial continua. O conxunto está inmerso no seo dun gas e o paso dunha partícula cargada ioniza o gas e establece unha corrente eléctrica.

    3. cámara de néboa

      Detector no que o paso dunha partícula cargada polo seo dun vapor sobresaturado determina un rastro de ións sobre os que se condensan pingas, formando un trazo que visualiza a traxectoria da partícula.

    4. cámara proporcional multifío

      Detector de partículas que consta dun urdido de fíos condutores paralelos mantidos a un elevado potencial eléctrico positivo, inmerso no seo dun gas.

  3. cámara lenta [IMAX ]

    Procedemento cinematográfico que consiste en alongar un movemento durante un tempo superior a aquel no que se produce.

Sinónimos

Confrontacións

apousento, peza

Frases feitas

  • 1 Apl

  • 2 p ext Apl