campo

campo

lat campu ‘terreo chan, campo de batalla’

Plural: campos
    1. s

      Extensión de terreo, en xeral non urbano, con vexetación.

    2. s

      Terreo inculto onde existe unha vexetación que nace de forma espontánea.

    3. s

      Terreo destinado á agricultura e á gandaría.

    4. s

      Terreo dedicado a actividades lúdicas e deportivas.

    5. campo aberto

      Campo situado fóra do poboado, onde non hai valados nin bosque.

  1. s m
    1. Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura.

    2. Conxunto de poboacións que se dedican á agricultura.

    1. s

      Lugar onde se practica ou realiza algunha operación de guerra ou o combate.

    2. campo de batalla

      Lugar onde se desenvolven operacións bélicas.

    3. campo de manobras

      Terreo onde as tropas practican exercicios de combate con fogo real en tempo de paz.

  2. s m

    Lugar onde se instala un exército.

  3. s m

    Conxunto dos elementos relacionados ou que son propios dunha actividade na que ten competencia ou autoridade unha persoa.

  4. s m [ARQUIT ]

    Superficie lisa entre dúas molduras.

  5. s m [PALEOG ]

    Zona ou recadro onde vai a inscrición.

  6. s m [HERÁLD ]

    Superficie ou espazo interior dos escudos onde se colocan os brasóns.

  7. s m [INFORM ]

    Cada unha das áreas nas que se divide o rexistro dunha base de datos para aloxar os datos dunha mesma clase nun ficheiro.

  8. s m [MAT ]

    Corpo que ten a propiedade conmutativa respecto á suma e ao produto.

  9. s m [NUMIS ]

    Espazo libre na cara dunha moeda onde se colocan os tipos.

    1. s

      Magnitude física medible que toma un valor concreto en cada punto dunha rexión do espazo, en cada instante de tempo.

    2. campo acústico

      Rexión do espazo onde se propagan as vibracións sonoras.

    3. campo central

      Campo de forzas no que a forza experimentada por unha partícula é un vector dirixido a un punto fixo único denominado orixe ou centro de forzas.

    4. campo de forzas

      Rexión do espazo no que unha partícula recibe unha forza que expresa a resposta desta á influencia do campo.

    5. campo eléctrico

      Rexión do espazo no que unha partícula inmóbil cargada electricamente recibe unha forza proporcional á cantidade de carga que contén.

    6. campo gravitacional

      Rexión do espazo na que unha partícula pesada experimenta unha forza proporcional á súa masa gravitacional.

    7. campo magnético

      Campo creado por un sistema de forzas eléctricas en movemento.

    1. s

      Área ou fragmento de superficie terrestre.

    2. campo de barro

      Forma de relevo, característica das áreas de modelado periglacial.

    3. campo de escouras

      Forma de relevo volcánica orixinada pola acumulación de cinsas que, ao caer sobre uns relevos preexistentes, atenúan as formas.

    4. campo de lava

      Forma de relevo orixinada pola superposición de sucesivas coadas fluídas de lava.

    1. campo gradiente

      Territorio embrionario ou do organismo adulto no que unha determinada propiedade se manifesta segundo un gradiente.

    2. campo vexetativo

      Campo gradiente situado no polo inferior ou vexetativo dos ovos en regulación.

    1. anchura de campo

      Dimensións do campo de definición dun instrumento óptico medidas na dirección perpendicular ao eixe óptico.

    2. ángulo de campo

      Ángulo determinado ao unir o punto principal imaxe do obxectivo dun instrumento fotográfico cos extremos da diagonal da superficie sensible e co sistema enfocado ao infinito.

    3. campo de definición/óptico

      Rexión do espazo que comprende todos os obxectos visibles cun instrumento óptico determinado.

    4. campo visual

      Extensión do espazo que se pode ver sen efectuar movementos do ollo nin do corpo.

    1. campo de concentración

      Campo de internamento establecido á marxe dos procedementos ordinarios de detención, previstos polas lexislacións civís e militares, onde son confinadas persoas por motivos de seguridade militar ou política, ou como forma de castigo ou explotación.

    2. campo de traballo

      Campo de concentración no que se obriga a traballar aos recluídos.

  10. campo semántico [LING ]

    Conxunto de palabras, en xeral non emparentadas etimoloxicamente, que recobre un dominio ben delimitado de significacións, constituído, tradicional ou cientificamente, pola experiencia humana.

    1. campo da consciencia

      Contido da consciencia dun individuo nun momento determinado, por oposición ao inconsciente ou subconsciente.

    2. campo perceptivo

      Parte do espazo do que, nun momento determinado, se poden recibir impresións e adquirir coñecementos mediante os sentidos.

    3. campo psicolóxico

      Conxunto dos feitos físicos, biolóxicos, sociais e psicolóxicos que existen nun momento dado para un individuo ou para un grupo e que determina o seu comportamento. Este concepto introduciuno o psicólogo Kurt Lewin (1935), dentro do marco da psicoloxía da Gestalt ou da forma.

    4. teoría do campo

      Teoría da personalidade desenvolvida polo psicólogo Kurt Lewin, baseada nos conceptos da escola da Gestalt, que fai referencia á estruturación da percepción.

  11. campo complexo [MAT ]

    Corpo dos números complexos.

  12. campo cultural [FILOS ]

    Conxunto de condicionantes filosóficos, sociais e principios estéticos que caracterizan o pensamento dominante nunha época concreta.

  13. campo de audibilidade [FISIOL ]

    Intervalo de frecuencias sonoras ás que é sensible o oído.

  14. campo de aviación [AERON ]

    Zona empregada para o despegue e a aterraxe de aeronaves.

  15. campo de petróleo [IND ]

    Zona petrolífera que contén xacementos e instalacións que permiten a perforación dos pozos.

  16. campo de urnas [ARQUEOL ]

    Tipo de necrópole do Ferro Inicial europeo (ss XII-VII a C), caracterizada polo ritual da incineración que consistía en depositar as cinsas do morto en xerras ou urnas que se enterraban en tumbas planas.

  17. campo escalar [MAT ]

    Función que asigna un escalar a cada punto dun conxunto.

  18. campo operatorio [MED ]

    Rexión onde se practica unha intervención cirúrxica.

  19. campo tensorial [MAT ]

    Función que asigna un tensor a cada punto dun conxunto.

  20. campo uniforme [MAT ]

    Campo escalar, vectorial ou tensorial, que toma o mesmo valor en todos os puntos.

  21. campo vectorial [MAT ]

    Función que asigna un vector a cada punto dun conxunto.

Sinónimos

Citas

  • Despois de moitas voltas, fomos saír a campo aberto
  • Encheron de patacas o campo máis grande que tiñan, O campo de millo ocupa catro ferrados de terra, As vacas rubias pacen no campo
  • Está previsto que o concello constrúa varios campos de deporte: un campo de fútbol e dous de baloncesto, No campo da feira os campesiños vendían o gando e no campo da festa bailaban toda a noite
  • Estableceron o seu campo moi preto do lugar onde se instalaran os seus inimigos
  • Mataron a cinco soldados do campo republicano
  • Montamos no campo unha tenda de campaña para pasar o verán
  • O campo de acción dun político pode ser moi amplo, O campo da música paréceme que recibe un tratamento superficial na obra que estás lendo
  • O campo dos conservadores non quería que se aprobase a lei
  • O campo onde tivo lugar a loita foi un lugar estratéxico escollido polo xeneral
  • O campo púxose en folga ante a negativa do goberno para negociar o conflicto
  • O partido disputouse no medio campo e non houbo ocasións de gol
  • Onde situaron o hospital antes había campo, Pola fiestra do tren viamos o campo verde
  • Os problemas do campo presentan unha solución difícil, Vivir do campo non lle deu moi bo resultado
  • Os xogadores entraron no campo de xogo, O equipo contrario pechouse no seu campo para saír ao contragolpe
  • Pasamos un día no campo na compaña duns parentes, Os labregos emigraron do campo á cidade

Frases feitas

  • A campo. Apl

  • Deixar o campo libre 1 Retirarse do combate.

  • Quedar dono do campo/quedar o campo por un. Vencer nunha disputa ou en algo que se quere levar a cabo.

  • 2 Abandonar unha empresa co conseguinte beneficio do competidor.

  • A campo descuberto. Durmir ou vivir

  • Deixar/estar a campo. Sen cultivar.

  • Facer campo. Despexar de xente ou de cousas alg