autorización

autorización

autorizar

Plural: autorizacións
  1. s f

    Acción e efecto de autorizar.

  2. s f

    Documento onde se autoriza algo ou a alguén.

    1. s

      Acto polo que unha autoridade administrativa, lexislativa ou xudicial autoriza a outra autoridade, a un funcionario que dela dependa ou a un particular, o exercicio de determinados dereitos.

    2. autorización xudicial

      Permiso do xuíz, ditado para suplir a negativa que unha persoa puidera dar a outra, para que esta realice uns determinados actos de disposición sobre bens ou dereitos propios.

  3. s f [DER ]

    Intervención dun notario nun outorgamento do acto xurídico.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A autorización permíteme saír do país, Conseguín a autorización para comerciar con outros países
  • Non podes saír ao patio da escola sen a autorización do teu mestre