"Elef" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 67.

  • Liña de telecomunicacións que posibilita enviar e recibir información por unha liña telefónica normal cunha maior velocidade e ancho de banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de aluminio, magnesio, silicio e ferro, de gran condutividade, utilizada na fabricación de cables telefónicos e de alta tensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite a transmisión a distancia, por medio de circuítos telefónicos, de imaxes fixas ou fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rizo do cabelo con forma cilíndrica.

    2. Figura de acrobacia aérea que consiste en describir un círculo vertical, mantendo o teito do aparato sempre no interior deste círculo.

    3. Formación anatómica que ten o aspecto de rizo.

      1. Circuíto ou camiño polo que nun sistema automático circula o sinal de entrada, a partir do comparador ata a saída e desde esta cara ao comparador.

      2. Conxunto de cables ou conexións que unen un teléfono coa central dunha compañía telefónica.

      3. Cinta magnética que ten os extremos unidos entre si, de xeito que constitúe unha cinta sen fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular.

      2. Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos.

      3. Pintura, debuxo ou gravado non mural que se realiza normalmente sobre tea ou táboa.

      4. Antiga formación da infantaría en figura de cuadrilátero que presentaba catro caras ao inimigo.

      1. Texto resumido ou gráfico esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas.

      2. Exposición oral ou escrita dun tema.

    1. Armadura metálica dunha bicicleta.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos.

      2. Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias.

      1. Pequeno envoltorio cilíndrico, constituído por dúas pezas que encaixan unha coa outra, dunha materia insípida e soluble, dentro do que se poñen determinados medicamentos.

      2. Conxunto do envoltorio co medicamento incluído.

      1. Membrana dun órgano, que o envolve e o sostén.

      2. Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.

      3. Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cargar.

      1. Aquilo que se coloca sobre alguén, sobre un animal ou sobre un vehículo para ser transportado.

      2. Carga límite que pode transportar un barco.

      3. Recipiente cunha potente carga explosiva no seu interior que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos.

    2. Peso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.

    3. Anotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto.

      1. Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.

      2. Obxecto do contrato de transporte.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recompilación de normas legais sobre unha rama do dereito ordenadas metódica e sistematicamente.

      2. Ordenamento xurídico positivo que regula as relacións entre particulares.

      3. Ordenamento positivo que regula as relacións xurídicas de carácter mercantil.

      4. Ordenamento racional e sistemático dos enunciados xurídico-penais que establece os delitos e as penas.

      5. Corpo legal que establece e sistematiza a lexislación penal relativa ao exército.

      6. Texto de dereito positivo que regula o sistema de administración de xustiza, que está constituído por dous textos independentes, un dedicado ao procedemento civil e outro dedicado ao procedemento penal.

      1. Conxunto de regras que rexe un dominio ou un aspecto que se expresa, seguindo o modelo do código.

      2. Conxunto das normas de cada estado sobre os produtos alimentarios, as materias primas e os materiais anexos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou a alguén de xeito que se sosteña sen apoiar a súa parte inferior. Tm v pron.

    2. Matar a alguén suspendéndoo polo pescozo. Tm v pron.

    3. Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte.

    4. Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.

    5. Bloquearse o funcionamento dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.

      5. Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.

      6. Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.

      7. Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.

      1. Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO