comunicación
lat comunicatĭōne
-
-
s
Acción de comunicar ou de comunicarse.
-
s
[LING ]
Intercambio verbal de información no que un individuo (emisor) produce unha mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario.
-
s
[COMUN ]
Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico ou vía satélite.
-
s
[SOCIOL/FILOS ]
Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais.
-
comunicación animal
[ZOOL ]
Transmisión de información entre animais que ten como finalidade provocar un cambio na conduta.
-
comunicación de masas /
[COMUN/SOCIOL ]
Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público a través dos medios de comunicación de masas.
-
comunicación non verbal /
[SOCIOL/FILOS ]
Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal.
-
s
-
s
f
-
Medio polo que se establece un contacto ou unión entre dous lugares.
-
Conxunto de camiños, estradas, carrís, rutas marítimas ou rutas aéreas que permiten o contacto entre dous puntos xeográficos.
-
-
s
f
Escrito co que se informa de algo, normalmente de forma oficial, ou cousa que se comunica.
-
s
f
Estudo científico que se presenta nunha reunión de estudosos.
-
comunicación interauricular
[PAT ]
Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interauricular que dá lugar ao paso anormal de sangue dunha aurícula a outra.
-
comunicación interventricular
[PAT ]
Malformación conxénita do corazón pola presenza dun orificio na parede interventricular, que dá lugar ao paso anormal de sangue dun ventrículo ao outro.
Citas
- A comunicación telefónica permitiu unha relación directa a distancia
- As comunicacións terrestres quedaron destruídas despois do temporal
- Entre as dúas vilas a comunicación é moi mala
- No congreso sobre literatura galega houbo varias comunicacións sobre a figura de Méndez Ferrín
- Recibiu a comunicación do xulgado que o citaba para o día seguinte