cápsula
lat capsŭla, dim de capsa ‘caixa’
-
-
s
[BIOL ]
Cuberta ou membrana que protexe diferentes estruturas delicadas en moitos organismos.
-
cápsula mucosa
[MICROB ]
Capa difusa externa da parede dalgunhas bacterias.
-
s
[BIOL ]
-
s
-
Pequeno envoltorio cilíndrico, constituído por dúas pezas que encaixan unha coa outra, dunha materia insípida e soluble, dentro do que se poñen determinados medicamentos.
-
Conxunto do envoltorio co medicamento incluído.
-
-
-
s
Membrana dun órgano, que o envolve e o sostén.
-
cápsula articular
Saco fibroso, recuberto pola membrana sinovial, que envolve unha articulación, formado por tecido conxuntivo denso con fibras coláxenas e elásticas.
-
cápsula de Glisson
Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos.
-
cápsula de Malpighi
Envoltura fibrosa que recobre o bazo.
-
cápsula externa
Capa de substancia branca do encéfalo situada por fóra do núcleo lenticular do corpo estriado.
-
cápsula interna
Capa de substancia branca situada entre a cabeza do núcleo caudal e o tálamo óptico e o núcleo lenticular.
-
cápsula suprarrenal
glándula suprarrenal.
-
s
-
s
f
-
Órgano do esperófito dos mofos que forma as esporas no seu interior.
-
Froito seco, pluricarpelar, sincárpico, dehiscente, e xeralmente con moitas sementes.
-
-
s
f
[AERON ]
Parte dun satélite artificial destinada a descender á superficie dun astro.
-
s
f
[QUÍM ]
aso de porcelana ou vidro, de bordos baixos e cun pequeno bico, que se emprega en traballos de laboratorio principalmente para evaporar líquidos.
-
s
f
Casquete metálico co que se pecha hermeticamente unha botella.
-
s
f
[BÉL ]
Cilindro metálico baleiro que contén o explosivo iniciador ou fulminante e que comunica o fogo coa carga explosiva mediante a acción brusca dun percusor ou por medio da enerxía eléctrica.
-
-
s
Certos aparatos ou dispositivos electroacústicos.
-
cápsula microfónica
Micrófono, xeralmente de carbón, empregado en aparatos telefónicos.
-
s
-
cápsula de Bowman
[ZOOL ]
Formación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.