colgar

colgar

lat collocāre ‘colocar’

  1. v t

    Colocar algo ou a alguén de xeito que se sosteña sen apoiar a súa parte inferior. Tm v pron.

  2. v t

    Matar a alguén suspendéndoo polo pescozo. Tm v pron.

  3. v t

    Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte.

  4. v i

    Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.

  5. v pron col [INFORM ]

    Bloquearse o funcionamento dun ordenador.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Cando se colgue o ordenador apágao e volve acendelo
  • Cando te chame, colga o auricular, OBS: O complemento pode ser a persoa coa que se fala e nese caso o verbo adquire réxime intransitivo Colgueille e non o quixen escoitar máis
  • Colga o abrigo nesa percha, Os niños dalgúns paxaros colgan das árbores
  • Colgáronlle o asasinato a un pobre inocente
  • Colgou nas paredes do salón as colgaduras que lle regalaran
  • Colgou os hábitos (a vida relixiosa), Colgou as botas (o fútbol)
  • Colgueime das varandas para poder pasar dun piso a outro
  • Esa saia cólgache un pouco pola dereita
  • No século XIX colgaban os ladróns de gando sen xuízo previo
  • O pobre colgouse porque estaba aburrido da vida
  • Sentou no bordo do balcón e colgábanlle as pernas, A bandeira colga dunha hasta metálica
Conxugar
VERBO colgar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgo
colgas
colga
colgamos
colgades
colgan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgaba
colgabas
colgaba
colgabamos
colgabades
colgaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colguei
colgaches
colgou
colgamos
colgastes
colgaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgara
colgaras
colgara
colgaramos
colgarades
colgaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgarei
colgarás
colgará
colgaremos
colgaredes
colgarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgaría
colgarías
colgaría
colgariamos
colgariades
colgarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgue
colgues
colgue
colguemos
colguedes
colguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgase
colgases
colgase
colgasemos
colgasedes
colgasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgar
colgares
colgar
colgarmos
colgardes
colgaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
colga
-
-
colgade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colgar
colgares
colgar
colgarmos
colgardes
colgaren
Xerundio colgando
Participio colgado
colgada
colgados
colgadas