bucle
bucle
fr boucle lat buccŭla ‘boquiña’
-
m
Rizo do cabelo con forma cilíndrica.
-
m
[AERON ]
Figura de acrobacia aérea que consiste en describir un círculo vertical, mantendo o teito do aparato sempre no interior deste círculo.
-
m
[ANAT ]
Formación anatómica que ten o aspecto de rizo.
-
-
Circuíto ou camiño polo que nun sistema automático circula o sinal de entrada, a partir do comparador ata a saída e desde esta cara ao comparador.
-
bucle local
Conxunto de cables ou conexións que unen un teléfono coa central dunha compañía telefónica.
-
bucle magnético
Cinta magnética que ten os extremos unidos entre si, de xeito que constitúe unha cinta sen fin.
-
Citas
- No salón de peiteado fixéronlle bucles no cabelo