cadro

cadro

lat quadru

Plural: cadros
  1. s m
    1. Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular.

    2. Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos.

    3. [ARTE ]

      Pintura, debuxo ou gravado non mural que se realiza normalmente sobre tea ou táboa.

    4. [BÉL ]

      Antiga formación da infantaría en figura de cuadrilátero que presentaba catro caras ao inimigo.

  2. s m
    1. Texto resumido ou gráfico esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas.

    2. Exposición oral ou escrita dun tema.

  3. s m

    Armadura metálica dunha bicicleta.

    1. s [BÉL ]

      Conxunto de xefes, oficiais e suboficiais dunha unidade militar.

    2. s

      Conxunto dos xefes da administración dunha empresa, dun partido ou doutra organización.

    3. s [ESPECT ]

      Conxunto de artistas que traballan xuntos nun espectáculo.

    4. s

      Conxunto de persoas ou de cousas que chaman a atención ou que causan algunha impresión.

    5. cadro de persoal

      Conxunto dos traballadores dunha empresa.

    1. s

      Unidade da obra teatral que supón unha división cronolóxica da acción dramática en movemento.

    2. cadro de costumes

      Tipo de relato cultivado polos escritores costumistas onde se describen actitudes e hábitos comúns.

    3. cadro vivente

      Técnica dramática que consiste na posta en escena dun ou varios actores que suxiren unha estatua ou pintura ao adoptar unha pose inmóbil e fixa.

    1. s

      Estación transformadora ou centro semellante nunha central eléctrica dotado de aparatos destinados ao mando, medición, regulación e protección de circuítos eléctricos, xunto coas conexións correspondentes, os chasis e os soportes necesarios.

    2. cadro de mandos/de instrumentos

      Conxunto de indicadores e instrumentos dispostos á vista do piloto dunha aeronave ou do condutor dun vehículo automóbil que lle permiten controlar a marcha do vehículo.

    3. cadro de mandos/de instrumentos

      Plafón no que están os aparatos de control, regulación e seguridade dunha máquina ou dunha instalación complexa, desde o que se poden coñecer as condicións de traballo en cada momento.

    4. cadro manual

      Equipo de conmutación dunha central telefónica manual, mediante a que a operadora pode efectuar a conexión entre as liñas de abonado e os circuítos de enlace co fin de establecer as comunicacións telefónicas.

  4. s m [TRANSP ]

    Bastidor metálico, tubular, xeralmente trapezoidal, que serve de ligadura e soporte aos outros elementos dunha bicicleta ou dunha motocicleta.

  5. cadro clínico [MED ]

    Conxunto dos síntomas e signos dunha doenza.

Sinónimos

Citas

  • A casa aínda non está rematada por dentro, ten as portas só cos cadros, Aproveitei o cadro dunha foto vella para enmarcar esta fotografía
  • Ademais do texto débese engadir un cadro estatístico cos datos actualizados
  • Converteuse rapidamente nun dos cadros do partido
  • Fixo a presentación pública do cadro de actividades deportivas para este ano
  • Levaba posto un abrigo de cadros
  • Na bienal gustáronme máis os cadros cás esculturas e as fotos
  • O can e o gato xogando formaban un cadro atípico
  • Pintei o cadro da bicicleta de cor vermella

Frases feitas

  • Quedarse en cadro. Quedar un corpo de tropa sen soldados, conservando a oficialidade e outros elementos de mando. Quedar un grupo reducido ata o m

Palabras veciñas

cadrelo cadrifollo cadril cadro cadrozo caducar caduceo