"Exter" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 647.

    1. Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais.

      1. Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.

      2. Oleorresina máis próxima ás trementinas ca os bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea. Emprégase en preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos.

    2. Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.

    3. Calquera cousa que alivia unha pena ou aflición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes laterais dalgunha cousa, que abrangue o espazo comprendido entre unha liña central imaxinaria e o bordo máis externo.

    2. Territorio de extensión indeterminada que está á beira dun río ou dunha ría, por oposición ao territorio que se atopa do outro lado.

      1. Parcela do interior dun terreo de xogo ou cancha deportiva achegada aos límites laterais do mesmo.

      2. Cada unha das liñas definidas regulamentariamente que delimitan lateralmente o interior dun terreo de xogo ou dunha pista deportiva.

    3. Cada unha das dúas metades simétricas en que se divide unha embarcación, babor e estribor.

    4. Anaco de rede de pesca nalgúns aparellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.

    2. Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.

    3. Bordo elástico que rodea a táboa do billar.

    4. Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.

    5. Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.

    6. Formación anatómica estreita e alongada.

    7. Moldura arquitectónica longa e estreita.

    8. Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.

    9. Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.

    10. Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto e moi gastado.

    2. Persoa que non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares ou técnicas.

      2. Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.

      3. Pintura ou representación das cores da bandeira.

      4. Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.

    1. Causa ou ideoloxía defendida por alguén.

      1. Unidade militar que segue unha bandeira.

      2. Unidade militar equivalente a un batallón.

    2. Expedición exploratoria con finalidades económica. OBS: Tamén se denomina entrada.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera dispositivo que separa un lugar doutro ou ben impide o paso a un lugar.

    2. Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.

    3. Parapeto que servía para defenderse dos inimigos.

    4. Fila de xogadores que se colocan diante da meta para evitar que o equipo contrario acade un tanto durante o lanzamento dun golpe franco.

    5. Obstáculo, de calquera tipo, que afecta á capacidade de dispersión dunha especie.

    6. Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros.

    7. Sistema defensivo realizado polo suxeito contra as lembranzas e motivacións indesexables.

    8. Pantalla que se sitúa na beira dunha vía, especialmente en zona urbana, para limitar o efecto do ruído dos vehículos sobre as edificacións veciñas.

    9. Conxunto de fenómenos térmicos que aparecen nunha aeronave, polo efecto do quentamento cinético.

    10. Muro baixo construído no leito dun río ou no fondo do mar, cando se producen movementos de auga, para reter os seixos e a area.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión de fungos que se caracteriza por producir as esporas no exterior dunha célula fértil denominada basidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Neno menor de dous anos.

    2. Bebé nado nun medio totalmente estéril.

    3. Bebé concibido por fecundación externa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. beirado.

    2. Obra de fortificación interior e exterior situada en puntos estratéxicos para obrigar á escisión e á gradación das ofensivas inimigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Secreción externa que se sintetiza nas células hepáticas e que se almacena na vesícula bílica de moitos vertebrados cuxa función é a de facilitar a dixestión e absorción das graxas no intestino.

    2. Mal carácter propio de quen ve unicamente a parte negativa das cousas ou de quen ten sempre mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO