bálsamo

bálsamo

lat balsamu gr βάλσαμον

  1. m

    Oleorresina de aspecto máis ou menos viscoso que contén un ou dous ácidos aromáticos, o benzoico e o cinnámico, ou algúns derivados destes. Os bálsamos flúen de determinadas plantas e teñen propiedades medicinais.

    1. Oleorresina semellante ao bálsamo auténtico pola aparencia e as propiedades, pero de composición química diferente.

    2. bálsamo de Canadá

      Oleorresina máis próxima ás trementinas ca os bálsamos auténticos, que se extrae de Abies balsamea. Emprégase en preparacións ao microscopio e como adhesivo para montar as lentes dos instrumentos ópticos.

  2. m

    Calquera preparado galénico (bálsamo artificial) de composición máis ou menos complexa, con propiedades medicinais, xeralmente de uso externo e case en desuso.

  3. m fig

    Calquera cousa que alivia unha pena ou aflición.

Citas

  • Coller as vacacións foi un bálsamo para todos eles