bandeira
gót bandwo ‘signo, estandarte’
-
f
-
Anaco de tea, habitualmente rectangular, fixado por un lado a un pau ou hasta e que serve como símbolo ou insignia dunha nación, estado, cidade, dinastía, autoridade, partido, asociación, ou como un signo para identificar situacións xurídicas, militares ou técnicas.
-
Obxecto que reproduce o anterior en tea, papel ou outro material, empregado con fins diferentes.
-
Pintura ou representación das cores da bandeira.
-
Nacionalidade á que pertencen os buques mercantes que a portan.
-
-
f
Causa ou ideoloxía defendida por alguén.
-
f
-
Unidade militar que segue unha bandeira.
-
Unidade militar equivalente a un batallón.
-
-
f
[HIST ]
Expedición exploratoria con finalidades económica. OBS: Tamén se denomina entrada.
-
f
[METEOR ]
Nube que se forma a sotavento de certos picos moi altos, en días de vento forte.
-
f
[TRANSP ]
Placa exterior visible que cando se baixaba poñía en marcha o mecanismo e cando se subía, mantíñao parado, no antigo taxímetro mecánico.
-
f
[XEOG ]
Concreción de forma ondulante, referido a unha cova.
-
bandeira de armador
[MAR ]
Bandeira que ten o distintivo do armador.
-
bandeira de conveniencia
[MAR/DER ]
Bandeira mercante dalgúns estados cando é utilizada polos barcos pertencentes a outros estados.
-
bandeira de guerra
[BÉL ]
Bandeira que identifica o conxunto das forzas armadas dun estado.
-
bandeira de servizo
[MAR ]
Bandeira que enarboran entidades, barcos e instalacións, de determinados servizos públicos nalgúns estados.
-
bandeira de socorro
[MAR ]
Posición da bandeira dun país ou estado cando non está izada completamente e que significa petición de auxilio.
-
bandeira mercante
[MAR ]
Bandeira que enarboran os barcos mercantes como símbolo do país onde son abandeirados.
-
bandeira nacional
[MAR ]
Bandeira que simboliza unha nación ou un estado, normalmente adoptada dun xeito oficial.
-
bandeira negra
[HIST ]
Bandeira izada para indicar a intención de loitar ata a morte.
-
bandeira real
[HIST ]
Bandeira que levaba o alférez real ou maior diante do soberano cando el persoalmente comandaba o exército, ou na que figuraban as armas do monarca.
-
bandeira vermella
Bandeira utilizada en sinal de perigo ou como símbolo de loita social.
-
sala de bandeiras
[BÉL ]
Cuarto do cuartel onde se gardan as bandeiras ou os estandartes do corpo.
-
xura de bandeira
[BÉL ]
Práctica tradicional militar coa que os novos membros dunha unidade prometen fidelidade á súa bandeira.
Sinónimos
Confrontacións
estandarte, pavillón, pendónCitas
- A bandeira de Francia é branca, vermella e azul
- Á porta do edificio do Parlamento de Galicia están izadas as bandeiras galega e española, O día da Patria víronse en Compostela moitas bandeiras que encheron a Quintana
- Estes libros teñen uns bos mapas nas bandeiras
- Na Guerra Civil moitos combatentes abandonaron a bandeira
- Na praia das Catedrais había unha bandeira vermella que indicaba o perigo das fortes ondas
- No porto da Coruña hai unha bandeira de servicio
- O barco inimigo izou a bandeira branca antes de entregar as súas armas
- O capitán mandou arriar a bandeira ao chegar a porto
- O capitán mandou gardar as armas na sala de bandeiras
- O outro día fomos á xura de bandeira do meu curmán
- O uniforme da policía autonómica galega leva a bandeira bordada na manga
- Os inimigos baixaron a bandeira ao ver que non tiñan ningunha posibilidade
- Os partidos políticos nacionalistas actuais fan do galeguismo a súa bandeira
- Os piratas enarboraron a bandeira negra para atacar as naves inglesas
- Os piratas facían abuso de bandeira sempre que preparaban unha abordaxe
- Por mor da chegada do príncipe á escola Naval de Marín os barcos despregaron a bandeira de combate
Frases feitas
-
Bandeiras despregadas. Abertamente e
-
Mudar de bandeira. Cambiar de partido, de opini
-
Portar a bandeira (nalgunha cousa). Ser o que leva a iniciativa, dirixe ou organiza algo.
-
Portar alta a bandeira. Facer honor a un cargo. Ex: O colexio da mi
-
Pregar bandeiras. Desistir dunha empresa, renderse logo dunha desfeita. Ex: Quer