banda

banda
  1. f

    Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.

  2. f

    Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.

  3. f

    Bordo elástico que rodea a táboa do billar.

  4. f

    Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.

  5. f

    Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.

  6. f [ANAT ]

    Formación anatómica estreita e alongada.

  7. f [ARTE ]

    Moldura arquitectónica longa e estreita.

  8. f [BIOL ]

    Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.

  9. f [FÍS ]

    Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.

  10. f [PESCA ]

    Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.

  11. amplitude de banda [COMUN ]

    Diferenza entre as frecuencias límites, máis alá delas a atenuación aumenta bruscamente ou ben sobrepasa un valor determinado nun elemento selectivo (filtro, circuíto resoante).

  12. banda ancha [INFORM ]

    Característica dunha rede de comunicacións de gran capacidade que permite a conexión de varias redes menores nun único cable.

  13. banda cromosómica [XEN ]

    Rexión cromosómica definida e de tinción característica que permite identificar os diferentes cromosomas e detectar posibles anomalías estruturais.

  14. banda de enerxía [FÍS ]

    Cada un dos intervalos finitos en que se divide o espectro enerxético dun electrón dun sólido cristalino, formados pola agrupación dos niveis de enerxía permitidos.

  15. banda de frecuencias [FÍS ]

    Intervalo de frecuencias dun espectro.

  16. banda de rodamento [TECNOL ]

    Parte exterior da cuberta do pneumático que está en contacto co chan.

  17. banda deseñada

    cómic.

  18. banda magnética [FÍS ]

    cinta magnética.

  19. banda sonora
    1. [IMAX ]

      Franxa dunha fita cinematográfica reservada ao son (música, ruídos, palabras), que pode estar impresa magnética ou opticamente.

    2. [MÚS/IMAX ]

      Música dunha película.

  20. espectro de bandas [FÍS ]

    Espectro de raias moi numerosas, en que algunhas delas se agrupan formando bandas.

Citas

  • A banda de aterraxe estivo pechada por mor do mal tempo
  • Derramouse a banda da mesa do billar por mor duns desaprensivos que deixaron caer as bebidas
  • Levaba un disfrace cunha banda vermella que lle cruzaba o peito, Impuxéronlle a banda que a recoñecía como miss Pontevedra
  • Non quixo poñer a camisa de bandas azuis
  • Non se puido proxectar a película porque se derramou a banda sonora
  • Os taxis levan unha banda azul e branca nas portas dianteiras
  • Plantou varias bandas de amorodos

Palabras veciñas

bancor banda banda banda banda bandada bandado