banda

banda

gótico bandwo ‘insignia, estandarte’   p ext semántica ‘marxe, costado’

  1. f

    Cada unha das partes laterais dalgunha cousa, que abrangue o espazo comprendido entre unha liña central imaxinaria e o bordo máis externo.

  2. f

    Territorio de extensión indeterminada que está á beira dun río ou dunha ría, por oposición ao territorio que se atopa do outro lado.

    1. Parcela do interior dun terreo de xogo ou cancha deportiva achegada aos límites laterais do mesmo.

    2. liña de banda

      Cada unha das liñas definidas regulamentariamente que delimitan lateralmente o interior dun terreo de xogo ou dunha pista deportiva.

  3. f [MAR ]

    Cada unha das dúas metades simétricas en que se divide unha embarcación, babor e estribor.

  4. f [PESCA ]

    Anaco de rede de pesca nalgúns aparellos.

Citas

  • Guindouno pola banda dereita da muralla
  • Non naceron aquí, viñeron da banda de Campolameiro
  • O balón marchou pola banda esquerda nun momento decisivo do partido
  • O Miño ao seu paso por Tui ten a Portugal dunha banda e a Galicia da outra

Frases feitas

  • Banda da cara. Cada unha das partes da cara que quedan a ambos lados da boca, entre o p

  • Falar en banda. Falar sen tino.

  • 1 Tomando en conta unha parte... tomando en conta a outra.

  • 2 En primeiro lugar... en segundo lugar.

  • Banda do cu. Cada unha das d

  • De banda a banda. De lado a lado.

  • Na outra banda. Do outro lado ou do lado oposto.

  • Pecharse en banda. Obstinarse en algo.

  • Por outra banda.

Palabras veciñas

banco bancor banda banda banda banda bandada