barreira

barreira

barra

  1. f

    Calquera dispositivo que separa un lugar doutro ou ben impide o paso a un lugar.

  2. f

    Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.

  3. f [ARQUIT ]

    Parapeto que servía para defenderse dos inimigos.

  4. f [DEP ]

    Fila de xogadores que se colocan diante da meta para evitar que o equipo contrario acade un tanto durante o lanzamento dun golpe franco.

  5. f [ECOL ]

    Obstáculo, de calquera tipo, que afecta á capacidade de dispersión dunha especie.

  6. f [ESPECT ]

    Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros.

  7. f [PSIC ]

    Sistema defensivo realizado polo suxeito contra as lembranzas e motivacións indesexables.

  8. barreira acústica

    Pantalla que se sitúa na beira dunha vía, especialmente en zona urbana, para limitar o efecto do ruído dos vehículos sobre as edificacións veciñas.

  9. barreira de calor [AERON ]

    Conxunto de fenómenos térmicos que aparecen nunha aeronave, polo efecto do quentamento cinético.

  10. barreira de decantación [ENX ]

    Muro baixo construído no leito dun río ou no fondo do mar, cando se producen movementos de auga, para reter os seixos e a area.

  11. barreira de golpe [TECNOL ]

    Barreira que nos pasos a nivel se pecha automaticamente cando se achegan os trens.

  12. barreira de potencial [FÍS ]

    Rexión finita do espazo en que a enerxía potencial dun campo presenta un máximo.

  13. barreira de seguridade [AERON ]

    Dispositivo empregado nos portaavións cando falla o dispositivo de retención para deter as aeronaves que aterran.

  14. barreira do son [AERON ]

    Conxunto de fenómenos aerodinámicos que aparecen no desprazamento dun móbil no seo dun gas a velocidades próximas ás do son.

  15. barreira hematoencefálica [FISIOL ]

    Barreira formada polo endotelio vascular e a membrana glial perivascular do cerebro.

  16. barreira non arancelaria [ECON ]

    Tipo de regulamento do comercio exterior para restrinxir as operacións de importación no seu país.

  17. barreira placentaria [FISIOL ]

    Membrana de intercambio placentario.

  18. barreira reprodutiva [BIOL ]

    Factor que impide que unha poboación que se propaga sexualmente se mesture e intercambie xenes con outra poboación.

Sinónimos

Citas

  • A chuvia orixinou unha barreira infranqueable para os animais da outra banda do río
  • A serra do Suído constitúe unha barreira para as choivas, Decidiron romper a súa relación porque existía unha gran barreira ideolóxica entre eles
  • O feito de estaren lonxe non foi unha barreira para que continuasen sendo amigos
  • Puxeron unha barreira para impedir que pasaran os peóns, Houbo que baixar a barreira do paso a nivel para que puidese pasar o tren

Palabras veciñas

barrar barrazar barregán -gá barreira barreira barreiro barrela