"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Marca posta por detrás dos selos como un signo máis de validez. É de módulo moito máis pequeno ca o da pegada principal e, normalmente, de tipo heráldico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de contribuír.

    2. Cousa que cadaquén ofrece para contribuír a algo.

      1. Deber que se lle impón a unha persoa de aboar unha cantidade de diñeiro para axudar ao sostemento dos gastos dos poderes públicos.

      2. Imposto que recae sobre o beneficio obtido polo rendemento dos bens, particularmente dos bens inmobles.

      3. Tributo que ten como feito impoñible a obtención polo suxeito pasivo dun beneficio ou dun aumento do valor dos seus bens, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Participar de forma voluntaria en algo, xeralmente cunha cantidade de diñeiro.

    2. Ser ou formar parte das causas dun suceso ou resultado.

    3. Pagar a cota correspondente dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comprobar exhaustivamente ou verificar algunha cousa.

      2. Exercicio que se realiza para seguir a evolución dos coñecementos dun alumno.

      1. Limitación da liberdade ou dominio sobre unha acción ou un fenómeno.

      2. Capacidade de levar a cabo este dominio.

    1. Dispositivo para manexar algunha cousa.

      1. Oficina na que se fai a verificación e a comprobación dalgunha cousa.

      2. Posto do exército, da policía ou doutro órgano oficial que realiza unha operación de vixilancia.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestar desacordo con algunha reflexión, algunha razón ou algunha idea mediante unha argumentación oposta.

    2. Intercambiar ideas ou argumentos varias persoas entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de convidar.

    2. Banquete con invitados para celebrar algunha cousa.

    3. Comida que, antigamente e en moitas aldeas, se poñía o día de defuntos para os mortos, xa que se consideraba que estes tamén precisaban o auxilio corporal dos seus familiares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de coordinar.

    2. Construción que se obtén ao unir, de forma concatenada, dous ou máis elementos dun mesmo nivel gramatical.

      1. Formación dun enlace químico entre un elemento, un ión ou un composto de natureza electrófila e un ión ou molécula nucleófila.

      2. Nun composto de coordinación, número de átomos ou de grupos de átomos que se enlazan directamente co átomo central do composto.

    3. Proceso de integración da información sensorial recibida para producir unha resposta axeitada, controlado polo cerebelo.

    4. Principio xeral de relación entre os órganos da administración pública que non están relacionados xerarquicamente entre si, para conseguir unha actuación conxunta harmónica.

    5. Función reservada para o estado, en relación con algunhas materias sobre as que a constitución e os estatutos establecen o reparto de competencias entre este e as comunidades autónomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore do xénero Copaifera, da familia das mimosáceas, de grandes dimensións, que presenta follas compostas e froitos leguminosos. Dela extráese unha oleorresina coñecida como bálsamo de copaíba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envolver unha forza inimiga impedíndolle a retirada.

    2. Facer unha aposta equivalente a todos os cartos de que responde a banca nun xogo de azar.

      1. Acadar todos os premios ou primeiros postos en competicións, concursos ou eleccións.

      2. Ocupar determinados postos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO